Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CeMIT inicia unhas xornadas de formación á cidadanía no uso do DNIe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CeMIT inicia unhas xornadas de formación á cidadanía no uso do DNIe

Raquel Noya
Publicado: 12/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

DNIe-4.jpgO DNI electrónico, ese documento tan similar ao tradicional que tantas vantaxes nos ía traer a tódolos cidadáns de a pé grazas ao chip que trae integrado (que nos permite usalo a través de Internet), segue a ter practicamente as mesmas funcionalidades que o seu antecesor para a maioría da poboación, é dicir, identificarnos oficialmente, pois a acreditación electrónica aínda non é unha realidade en moitas entidades públicas e privadas e, asemade, a xente aínda non está preparada nin concienciada dabondo para usalo en liña.
É por isto que a Xunta de Galicia, a través da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), vai colaborar coa Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información na posta en marcha dun plan para o fomento do uso do DNI electrónico entre a cidadanía e os colectivos empresariais de Galicia.
Con este obxectivo, o Executivo desenvolverá diversas actuacións para difundir as utilidades e vantaxes do DNI electrónico entre os diferentes colectivos, tales como sesións de dinamización e demostración nas se distribuirán de balde lectores de DNI electrónico e folletos informativos.
Estas sesións terán lugar entre o 15 e o 25 de marzo, en 14 centros da rede CeMIT das catro provincias galegas.
Asemade, realizaranse xornadas de capacitación para os dinamizadores do resto da Rede CeMIT para que poidan impartir obradoiros sobre o uso do DNI electrónico nos diferentes concellos onde están a desenvolver o seu labor.
A cidadanía e colectivos empresariais de Galicia interesados en participar no desenvolvemento destas actividades poden informarse e inscribirse gratuitamente a través do portal de información www.usatudni.es.
As localidades nas que terán lugar as devanditas xornadas son: Arzúa, Cerceda, Mugardos, Sada, Teo, Carballedo, Barco de Valdeorras, Carballiño, Moaña, O Porriño, Bueu, Pontevedra e Vilagarcía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?