Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ministerio de Interior premia a seguridade de Caixa Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Ministerio de Interior premia a seguridade de Caixa Galicia

Raquel Noya
Publicado: 17/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

caixa_galicia.jpgA Xefatura Superior de Policía de Galicia vén de concederlle, esta mesma mañá, unha dobre Mención Honorífica de categoría A aos departamentos de Seguridade e Seguridade Informática de Caixa Galicia, a máxima condecoración coa que o Ministerio de Interior distingue aos equipos de seguridade privada que destacan o cumprimento do seu deber.
Este premio, que recoñece publicamente a traxectoria profesional e o esforzo de Caixa Galicia, foille concedido á banca galega por dotarse dun sistema de seguridade de primeiro nivel, que protexe eficazmente tanto a clientes como a empregados e que elimina os riscos que poden afectar ao patrimonio, imaxe e operativa da entidade.
Caixa Galicia, que é a institución financieira con presenza nacional con menor índice de atracos, posúe un modelo de avaliación de risco exclusivo para cada oficina, o que lle permite, segundo informa o seu director de seguridade, Andrés Martín, “medir o nivel de exposición ao risco de atraco de cada un dos empregados e ofrecerlles un protocolo de actuación persoalizado en caso de emerxencia”.
No tocante ao ámbito da seguridade informática, Caixa Galicia caracterízase por “extremar os aspectos relacionados con este tipo de seguridade para os seus clientes” o que se traduciu na primeira banca electrónica de España en obter a certificación de calidade ISO 20000 que certifica que a tecnoloxía da entidade posúe excelentes niveis de fiabilidade, seguridade e calidade.
No ano 2006 Caixa Galicia, que nos últimos anos non recibiu ningún ataque informático, foi a primeira entidade en incorporar o envío ao teléfono móbil da coordenada de acceso aos seus sistemas, o que lle permitiu ser unha das entidades con menor número de fraudes.
Asemade, a incorporación do novo DNI electrónico nos seus sistemas tamén permitiu reforzar, aínda máis, a seguridade ante calquera tipo de fraude fomentando a confianza nas transaccións electrónicas.
Agora Caixa Galicia acaba de obter a certificación de calidade ISO 20000 para todos os seus caixeiros automáticos e reducíu a cero o spam recibido.
Os investimentos en tecnoloxía da caixa galega, que conta con máis de 800 oficinas en todo o mundo, ascenden a preto de 193 millóns de euros, que serviron para mellorar a tecnoloxía propia (equipos, instalacións, redes, proxectos informáticos…) e converterse nunha das plataformas tecnolóxicas máis desenvolvidas de Galicia e España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?