Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dakota 10 Santiago: un GPS específico para os itinerarios xacobeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dakota 10 Santiago: un GPS específico para os itinerarios xacobeos

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dakota_10_santiago.jpgO Camiño de Santiago semella un importante pulo para a innovación tecnolóxico-dixital, tanto dende dentro da nosa xeografía como dende fóra. E de alén do territorio galego vén precisamente a nova achega da empresa norteamericana Garmin, especializada en solucións de navegación ao servizo das persoas que efectúen desprazamentos longos e desexen saber por onde pisan e, tamén, tirarlle partido os emprazamentos por onde se moven. Falamos do seu GPS “específico para os peregrinos do Camiño de Santiago”, máis polo miúdo unha edición especial do modelo Dakota 10, un equipo portátil particularmente deseñado para a viaxe todoterreo e que inclúe pantalla táctil e unha autonomía de ata 20 horas. A achega Dakota 10 Santiago inclúe entre outras cousas as principais rutas de peregrinaxe que desembocan na praza do Obradoiro: Camiño Francés, Vía da Prata, Camiño do Norte, Camiño Primitivo e Aragonés. Asemade, incorpora máis de un milleiro de puntos de interese turístico da rede de peregrinación xacobea, achegando datos en detalle de onde durmir (albergues, cámpings, hostais, hoteis, casas rurais) e que visitar (igrexas, ermidas, monumentos civís, paraxes naturais, etc).
Segundo fai saber a empresa Garmin, o Dakota 10 Santiago supón unha “completa guía para afrontar este reto deportivo e humano: amais de amosar a túa posición no mapa, a distancia percorrida e a que fica por percorrer ata o destino ou seguinte parada, o GPS axúdanos a planificar cada treito, en función do emprazamento de albergues e hostais e da situación exacta dos enclaves turísticos máis salientables, dos que tamén inclúe información adicional”. As súas dimensións son as propias dun equipo ultracompacto, pero destacando polo reducido da súa feitura: 5,5 x 10 x 3,3 centímetros e 191 gramos de peso, pilas incluídas. “Un detalle moi importante”, sinala a compañía, “cando a equipaxe se ten que reducir ao mínimo”. Por certo que a pantalla é de 2,6 polgadas e de 160 x 240 píxeles de resolución. Polo que respecta ao miolo do trebello, inclúe unha memoria interna de 850 mb e é quen de amorear un máximo de 200 tracks de ata 10.000 puntos. Inclúe tamén saída USB para a conexión a un PC ou Mac.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?