Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha nova edición do festival cinematográfico de Tui: o certame Play-Doc
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha nova edición do festival cinematográfico de Tui: o certame Play-Doc

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Esta fin de semana celébrase na nosa terra un dos seus máis senlleiros festivais do audiovisual: o Play-Doc, un certame do que xa temos falado nesta web, ben para dar conta das moitas ligazóns informativas que establece entre cinema e canles-ferramentas dixitais, ben para dar conta da súa vontade internacional de tomarlle o pulso á vangarda. O festival, que conta coa vila de Tui como centro de operacións, vai estar en activo ata o domingo 21 de marzo. A previsión da organización é ir alén das cifras de espectadores acadadas en anteriores convocatorias: arredor de 30.000 persoas. Entre as novidades desta edición cómpre salientar as exposicións dos artistas galegos Manolo Paz e Antón Lamazares (achegadas para conmemorar a capacidade do Play-Doc para unir mundos e culturas) ou a presentación de filmes como Horizontes sen dono, un filme que segundo os seus autores (Nayra e Javier Sanz) nace da necesidade de preguntármonos cal é a importancia da pintura e da poesía no mundo contemporáneo, labor que no caso desta obra déixase en boa medida en mans de Antón Lamazares (de feito, o filme é un achegamento á ollada do artista galego cara ao mundo).
Asemade, presentaranse ao longo do festival obradoiros formativos como Retrato-Memoria (unión de artistas de Portugal e de Galiza e que conta co apoio de Agadic) ou achegas cinematográficas de alto calibre como as obras O meu bebé branco (Akosua Adoma Owusu), Patas para arriba (Miro Remo) ou Sweetgrass (Ilisa Barbash). Amais, está prevista a organización este venres dunha retrospectiva arredor de Jay Rosenblatt (na que se inclúe, precisamente, a estrea de Sweetgrass) e, xa o sábado, unha introdución á La Blogotheque, iniciativa cultural en liña fundada por Chrystophe Abric, que contará coa presenza do grupo pop The Spinto Band e dos creadores Boris Mitic e Marina Lutz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?