Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus do Mar estrea faciana en Internet na procura da excelencia educativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus do Mar estrea faciana en Internet na procura da excelencia educativa

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

campus_do_mar.jpgO Campus do Mar vén de apostar pola amplitude comunicativa e pola actualización constante na súa nova face en Internet. Segundo informa a Universidade de Vigo, de quen depende en parte o dito proxecto educativo, o obxectivo básico da remodelación é acadar meirande calidade e excelencia universitaria. Máis polo miúdo, e en palabras de Emilio Fernández (comisionado do dito Campus), do que se trata é de “reunir toda a información que se xera nos medios sobre o proxecto e, tamén, converter a web nun foro de debate para toda a comunidade e a cidadanía, onde se poidan coñecer todos os avances desta candidatura a Campus de Excelencia Internacional e todos os proxectos que se vaia concretando e pechando“. Finalmente, a web será tamén o “xeito de unirse, a título persoal, á iniciativa”, puntualiza.
A web, que se presenta en catro linguas (galego, portugués, castelán e inglés), oriéntase como recurso de emprego común para tódolos internautas, que poderán saber que é un Campus de Excelencia ou afondar nas estreitas ligazóns que unen a Galiza co mar e coa investigación mariña.
Tal e como se dixo ao comezo do texto, un dos alicerces básicos da web é a súa arela de marchar cara a diante en constante renovación. En palabras do comisionado, o que se pretende neste senso é “ofrecer información puntualmente e dun xeito dinámico, non se trata dunha páxina na que ofrecer contidos estáticos, senón de coñecer os avances e os proxectos que vaiamos pechando”, apunta. Deste xeito, a páxina inicial recolle novas, en constante actualización, sobre o Campus do Mar e as referencias do proxecto nos medios de comunicación.
Con todo, Emilio Fernández salienta a capacidade integradora da web. Nela haberá unha escolma de todas as entidades e institucións parceiras e colaboradoras do proxecto, pero tamén dá a oportunidade á cidadanía, a título persoal, de expresar o apoio ao Campus do Mar. Por certo que o proxecto está xa presente tamén nas redes sociais, máis polo miúdo en Facebook e Twitter.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?