Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Secretaría Xeral de Medios colaborará na celebración dos 25 anos da CRTVG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Secretaría Xeral de Medios colaborará na celebración dos 25 anos da CRTVG

Redacción
Publicado: 24/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

medios_crtvg.jpgA Secretaría Xeral de Medios e a Compañía de Radio Televisión de Galicia celebran o 25 aniversario da CRTVG co obxectivo común de potenciar os avances tecnolóxicos cos que contan no ámbito das comunicacións. Así, o subdirector xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicacións, Radio, Televisión e Multimedia da Secretaría Xeral de Medios, Ignacio Otero, e a directora da TVG, Rosa Vilas, presentaron hoxe no Centro Multimedia de Galicia as actividades conxuntas a desenvolver durante todo o ano, a través da mostra itinerante Galiciadixital e das aulas da Rede CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) da Secretaría Xeral de Medios, en conmemoración do 25 aniversario da compañía radiotelevisiva autonómica.
A exposición itinerante e interactiva Galiciadixital, ademais dos seus contidos habituais, acollerá unha mostra fotográfica e un vídeo conmemorativo dos 25 anos da compañía e exhibirá unha serie de obxectos relacionados coa mesma como magnetófonos de bobinas, cámaras ENG, pratos xira discos, magnetoscopios, mesas de mestura de videos ou de son, etc. Ademais, os visitantes poderán converterse en presentadores de informativos grazas ao plató Chroma-Key, un espazo onde se poden situar e verse reflectidos nunha pantalla TFT de gran formato.
As actividades conmemorativas dos 25 anos da CRTVG en Galiciadixital desenvolveranse en 14 localidades galegas que visitará a mostra entre marzo e decembro deste ano: Santiago -onde recalará esta fin de semana con motivo da celebración de Xuventude Galicia Net-, Narón, A Rúa, Chapela (Redondela), Ferrol, A Coruña, Muxía, Pontevedra, Padrón, Sarria, Ourense, Arzúa, Lugo e Vigo.
Por outra banda, algunhas das aulas da Secretaría Xeral de Medios da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) acollerán tamén exposicións fotográficas e vídeos en conmemoración do aniversario, e serán visitadas por personaxes emblemáticas e representativas dos 25 anos de vida da CRTVG como o Xabarín, que visitará as aulas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol durante os meses de abril e maio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?