
O geocaching, práctica que leva funcionando con éxito en certos países europeos e en Estados Unidos, ten segundo os responsables desta iniciativa un amplo potencial na nosa terra, e máis aínda no eido do rural, un espazo paisaxística e medioambientalmente falando ben salientable.
O obxectivo de FEGATUR con esta iniciativa (Geocaching, descubrindo os tesouros no Turismo Rural) é estendela entre os seus aloxamentos asociados como un servizo complementario que “revalorice as estadías dos visitantes, tanto nacionais como internacionais, que acheguen a Galicia para gozar deste tipo de turismo e dos seus moitos recursos, tanto etnográficos como culturais, gastronómicos e naturais”, sinalou a Federación durante a presentación desta proposta de lecer tecnolóxico.
O geocaching, que se pode practicar a título individual ou en grupo (con varios niveis de dificultade) xurdiu hai uns dez anos, e paseniño, foise aplicando ao eido da hostalería. Malia todo, a iniciativa de FEGATUR semella ser pioneira no que se refire ao alcance do servizo, articulado nunha campaña global de oferta turística. Segundo conta a federación, o servizo (cun suplemento de 15 euros por persoa) reservarase nos propios aloxamentos rurais, sendo preciso o seguinte equipo para tirar partido das súas moitas potencialidades: GPS de man, ficha do caché coas coordenadas e pescudas para a solución dos enigmas (o achado dos tesouros que os aloxamentos dispoñan) e pick-nick.
As casas galegas de turismo rural achegarán o necesario para a práctica do geocaching
Compartir Este Artigo
