A Confederación de Empresarios de Santiago dá acubillo este xoves ao último dos cursos sobre factura electrónica da campaña de formación posta en marcha pola Consellería de Facenda para afondar nas utilidades da e-factura. A nova cita, organizada para dar cabida a quen non puído participar nos eventos divulgativos previos, dará comezo ás 16.00 horas na sede da Confederación na rúa do Vilar. A campaña, como recordaremos, xurdiu co obxectivo de “ofrecer ás empresas galegas unha visión clara, práctica e tanxible sobre a facturación electrónica”.
No transcurso dos cursos déronse a coñecer os novos servizos e o funcionamento da plataforma que sustenta o rexistro electrónico de facturas, posta en marcha pola Consellería de Facenda para garantir o pago en 45 días.
Chega ao seu remate en Compostela a campaña de información sobre a factura electrónica
Compartir Este Artigo
