Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O galego Rubén López é o novo director xeral de Elogia España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O galego Rubén López é o novo director xeral de Elogia España

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Ruben_Ferreiro_290909.jpg Elogia España, unha das principais axencias de publicidade en liña do mercado estatal, vén de reforzar un pouco máis as súas ligazóns coa nosa terra. Se hai pouco informamos da integración no seu seo da firma galega GaliciaBanner, agora toca falar da elección do compostelán Rubén López Ferreiro como novo director xeral da empresa.
López Ferreiro, ata o de agora director da división Elogia Media (antes, como dixemos, chamada GaliciaBanner) substitúe no posto a Enri Aparici, socio fundador e conselleiro delegado, quen orientará a súa actividade ao espallamento internacional da organización e a coordinar as diferentes filiais estranxeiras.
Sinalar que Elogia é un grupo de promoción e comunicación centrado na Internet. A día de hoxe, ten sedes en España, Portugal, México, Brasil e Arxentina.
A chegada de Rubén López ao posto da dirección xeral veu motivada polo crecente proceso de internacionalización da empresa, traballo que precisa de todos os esforzos despregados por Aparici e o seu equipo. Por certo que entre estes plans de espallamento sitúase a curto prazo a apertura dunha filial en Italia. O novo director xeral da compañía española terá entre os seus cometidos a coordinación de todos os traballos das oficinas de Barcelona, Madrid e Vigo, sendo os obxectivos fundamentais desta nova andaina da empresa reforzar a súa presenza en Madrid e consolidar o negocio das cinco divisións de Elogia.
Entre as súas funcións como director xeral de Elogia España, López Ferreiro manterá o control directo sobre a división viguesa Elogia Media, que duplicou o seu cadro de traballadores desde a súa integración en Elogia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?