Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa ConCiencia trae de novo este ano á cidade a catro líderes mundiais da ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa ConCiencia trae de novo este ano á cidade a catro líderes mundiais da ciencia

Redacción
Publicado: 26/03/2010
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

conciencia_2010_presentacion.jpgCatro persoeiros da máxima relevancia científica no ámbito internacional visitarán en datas próximas a cidade de Compostela para participar na quinta edición do Programa ConCiencia que organiza a USC en colaboración co Consorcio de Santiago. Trátase do Premio Nobel de Física 2007 Albert Fert, do Nobel de Química en 1996 Harold W. Kroto; e do Nobel de Medicina en 1993 Richard J. Roberts. Falta confirmar o cuarto científico convidado, que visitaría Santiago logo do verán.
O programa trata de achegar a cultura científica á sociedade en base a visitas a Galicia de Premios Nobel ou análogos buscando ademais a maximización do impacto social dos actos e a realización de foros de expertos na disciplina afín ás persoas convidadas. Os detalles do programa deste ano explicáronos en rolda de prensa o reitor da USC, Senén Barro; o presidente e o xerente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo e Xosé Manuel Villanueva; e o director do programa, Jorge Mira.

Albert Fert
Albert Fert (Francia, 1938) acadou en 2007 o Premio Nobel de Física polo descubrimento da magnetorresistencia xigante. Este novo fenómeno, atopado en materiais mixtos, deu lugar a unha revolución no eido do rexistro e acceso á información. O tempo de transferencia do coñecemento dende a fase de investigación básica á de aplicación industrial foi de apenas unha década, co cal converteuse en paradigma. O seu achado, unha das principais aplicacións reais do emerxente campo da nanotecnoloxía, está presente nos ordenadores portátiles, reprodutores musicais e, en xeral, en moita da electrónica de consumo que usamos actualmente.
Tense previsto realizar, ao abeiro da visita do profesor Fert o vindeiro 29 de abril, un encontro dos principais líderes españois no eido da chamada ‘espíntrónica’, que contará con presenza do tecido investigador galego.

Harold Kroto
O Nobel de Química mereceuno en 1996 Sir Harold W. Kroto (Reino Unido, 1939) polo descubrimento dos fullerenos, unha forma de cristalización do carbono que abriu unha nova porta de posibilidades na química orgánica, dadas as condicións de estabilidade e versatilidade desa nova estrutura que serviu para dar con outras novas baseadas en átomos de carbono, como os nanotubos, que permiten a fabricación de materiais resistentes a altas temperaturas e incluso como substitutivos do silicio nos chips. Kroto estará en Santiago o 27 de maio.

Richard J. Roberts
Richard J. Roberts (Reino Unido, 1943) acadou o Nobel de Medicina en 1993 polo descubrimento dos intróns, fragmentos de ADN presentes nos xenes pero que non codifican información. Descubriu tamén que os xenes poden ser descontinuos, é dicir, que un xene dado pode estar presente no ADN en diferentes segmentos ben separados. Ao principio descubrírono nun virus típico causante de catarros, o chamado adenovirus, pero pronto se viu que estes intróns son frecuentes en organismos superiores, como o ser humano.

O descubrimento de Roberts, que visitará Santiago tras o verán, non foi só de importancia capital como fundamento da moderna bioloxía, senón que o foi tamén para investigación médica orientada no eido do cancro e outras enfermidades.

Edicións pasadas
Proxectar a imaxe de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento, servir de ponte para o reforzamento de contactos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC, involucrar ao persoal investigador en actividades de divulgación científica e, sobre todo, incrementar a cultura científica na cidadanía son os grandes obxectivos que busca o Programa Conciencia.
Referencia xa no estado español, tras esta edición o programa sumará 22 visitas dos principais líderes mundiais da ciencia (19 do ConCiencia e 3 do Premio Fonseca) cunhas taxas de penetración social que superaron amplamente as expectativas iniciais.
Nas pasadas edicións participaron os Premios Nobel de Física Frank Wilczek, Gerardus ‘t Hooft, Heinrich Rohrer e James Watson Cronin; de Medicina e Fisioloxía Torsten N. Wiesel e Harold Elliot Varmus; de Química Richard R. Ernst, Karl Barry Sharpless, Jean-Marie Lehn e Roger David Kornberg; de Economía, John Nash; o Premio Abel Peter Lax; a Medalla Fields Michael F. Atiyah e o Premio Turing Frances Elizabeth Allen.

Premio Fonseca
Tamén ao amparo do Programa Conciencia, hai dous anos naceu o Premio Fonseca destinado a recoñecer ás principais figuras mundiais na comunicación da ciencia. Coa aceptación do premio os gañadores comprométense a desenvolver en Santiago actos públicos. En 2008 o gañador foi Stephen Hawking, a quen lle seguiu en 2009 James Lovelock, pai da Teoría de Gaia.
O vindeiro 6 de abril reunirase o xurado da III edición deste premio, e anunciarase o gañador aos medios ás 11:30 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?