Os aerodeslizadores foron uns dos contidos máis visitados da exposición durante a pasada edición de Xuventude Galicia NetA exposición itinerante e interactiva Galiciadixital recalará mañá mércores no XIII Salón do Cabalo, Equiocio, que celébrase ata o domingo, 4 de abril, no Recinto Feiral de Punta Arnela, en Ferrol. A mostra poderá visitarse de balde en horario de 10:00 a 21:00 horas, ininterrompidamente, de xeito que todos os que se acheguen estes días ao recinto poderán gozar do mundo virtual que ofrece Galiciadixital a través de proxeccións e xogos en tres dimensións, como as Cidades do Camiño, visualización de imaxes panorámicas de 360 graos nunhas pantallas que colgan do teito, onde cada usuario pode realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas mans por aquelas cidades polas que discorren os diversos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela. Ademais, nunha pantalla de gran tamaño proxectaranse os contidos da exposición permanente, que ten a súa sede no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago, desde hai unha década, e a través da cal a Secretaría Xeral de Medios pretende dar a coñecer a galegos e galegas de todas as idades os contidos audiovisual e multimedia realizados por empresas e universidades da comunidade.