Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O audiovisual galego recibe o apoio económico de AGADIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O audiovisual galego recibe o apoio económico de AGADIC

Raquel Noya
Publicado: 05/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

audiovisual_axudas.jpgA Consellería de Cultura e Turismo, no marco da súa liña de axudas ao audiovisual galego que por segundo ano consecutivo xestiona a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), vén de convocar as subvencións anuais á produción de curtametraxes e de videoclips na nosa Comunidade por un importe total de 200.000 euros. Trátase da primeira doazón, dun total de seis, que conformarán o programa de apoio económico deste ano, que ascende a un orzamento total de 7,1 millóns de euros.
As entidades e organismos beneficiarios das subvencións á produción de curtametraxes poderán ser produtoras audiovisuais independentes, con sucursal ou oficina permanente en Galicia, que presenten proxectos de filmes –de ficción ou documentais– cunha duración inferior a 30 minutos e en versión orixinal galega. Neste apartado, as bases publicadas o 31 de marzo no DOG (Diario Oficial de Galicia) establecen diferentes modalidades canto ao soporte, técnica e código narrativo dos traballos: curtas gravadas en soporte cinematográfico (imaxe real), de animación tamén en soporte cinematográfico e proxectos innovadores ou experimentais en soporte dixital.
En canto aos videoclips, AGADIC apoiará a realización de relatos audiovisuais “que acompañen ou promovan unha produción discográfica de música galega, realizados a partir da colaboración entre empresas audiovisuais e discográficas”.
Tanto no caso das curtametraxes como no dos videoclips, o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 30 de abril.
O obxectivo destas subvencións, das que o ano pasado se beneficiaron un total de 13 produtoras para a realización de 14 proxectos, é apoiar a novos creadores galegos, impulsar a incorporación das novas tecnoloxías e promover o uso do idioma galego nas obras audiovisuais.
Segundo veñen de informar dende a Consellaría de Cultura, o programa de axudas ao sector audiovisual 2010 “completarase proximamente coas sucesivas convocatorias dirixidas á produción ou coprodución de longametraxes en lingua galega e con decidido contido artístico, á creación audiovisual para a escrita individual de guións e a realización de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital, ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega, ao desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega e á amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais de interese cultural galego”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?