Dende hoxe, e ata o vindeiro venres, 9 de abril, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia estará en Zaragoza participando na décimo primeira edición das Xornadas sobre Tecnoloxías da Información para a Modernización das Administracións Públicas (TECNIMAP 2010), que se celebran para reunir a representantes do ámbito das TIC das distintas administracións públicas e empresas do sector e permitirlle poñer en común as súas ideas e proxectos.
Ao longo destes tres días, a Secretaría que dirixe Mar Pereira exporá as últimas aplicacións e medidas desenvolvidas por este departamento tanto no ámbito da eAdministración como no impulso da sociedade da información, e mostrará o funcionamento dalgunhas das ferramentas máis empregadas neste proceso de implantación da administración electrónica no noso país.
Os asistentes a esta nova edición de TECNIMAP poderán comprobar, a través dun vídeo demostrativo, como funciona o portasinturas dixital, unha das novidades do proceso de implantación da administración electrónica, que substituirá ás tradicionais carpetas para as firmas dos diferentes responsables da Adminstración autonómica, (desde conselleiros a xefes de servizo) permitindo asinar de xeito electrónico un conxunto de documentos.
stand das xornadas a nova intranet da Administración autonómica para o sector TIC, un espazo web de participación e contacto para todas as empresas tecnolóxicas que traballan para Xunta e o propio personal TIC da Administración.
Outra das últimas aplicacións que tamén se poderán ver nas pantallas táctiles do stand galego é o Xestor de Comisións e Consellos, que informatiza a documentación que os conselleiros e os secretarios xerais achegan á xuntanza semanal do Goberno galego. Grazas a este sistema os responsables de cada departamento autonómico incorporan a un programa os asuntos e documentos adxuntos que logo poden ver a través das pantallas táctiles instaladas na sala de Consello.
Os participantes en TECNIMAP tamén poderán coñecer a plataforma Sede electrónica que abrangue a infraestrutura software e hardware para dar soporte á presentación telemática e presencial de procedementos administrativos por parte do cidadán e a súa tramitación interna por parte do persoal funcionario.
As persoas que visiten o stand da Xunta terán ocasión, asemade, de coñecer os principais eixes de actuación da Secretaría Xeral de Modernización en materia de eGoberno, telecomunicacións e desenvolvemento da sociedade da información como o Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013 para posibilitar o acceso a Internet de toda a sociedade galega.
A nosa eAdministración ao descuberto en TECNIMAP
Compartir Este Artigo

