Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG organiza dous cursos de xestión de proxectos informáticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG organiza dous cursos de xestión de proxectos informáticos

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpetig.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) vén de anunciar o desenvolvemento de dous cursos de xestión de proxectos informáticos especialmente encamiñados aos profesionais do sector tecnolóxico-dixital galego. As dúas actividades formativas, inseridas dentro do programa de ensinanza promovido de xeito conxunto coa Secretaría Xeral de Modernización da Xunta, serán impartidas por dous especialistas na materia: Carlos G. Jardón (coordinador de iniciativas de banca na Dirección Xeral de Outsourcing en Tecnocom, PMP e EMBA) e José Luis Iparaguirre (High Maturity Lead Appraiser e único español certificado para avaliacións dos niveis 4 e 5 de CMMI). Os grandes obxectivos desta dupla proposta formativa é achegar datos prácticos sobre os procesos principais da xestión de proxectos, entender a súa achega na mellora na xestión, coñecer as principais ferramentas que a soportan e fornecer unha linguaxe común para falar da dirección de proxectos.
Estes cursos, por certo, forman parte da gran aposta do CPETIG a prol da “formación de calidade para profesionais TIC de Galicia”. Ámbalas actividades celebraranse de maneira simultánea e está previsto que se inclúa dentro da axenda das mesmas unha xornada conxunta sobre a situación actual da xestión de iniciativas no eido laboral da nosa terra, comparándoa co resto do Estado e incluso con outros exemplos do contorno internacional. O horario dos cursos é o seguinte:
· Venres 07/05 e 21/05. De 16:30 a 21:30
· Sábados 08/05 e 22/05. De 09:00 a 15:00
As actividades terán lugar no Hotel NH Obradoiro, Avenida Burgo das Nacións s/n, Santiago de Compostela. O prazo de pre-inscrición manterase aberto do 07 ao 29 de abril. O número de prazas dispoñibles é de 25 asistentes para cada curso. A inscrición realízase a través da páxina do CPETIG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?