Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigan se as edicións supervisadas da Wikipedia alemá teñen efectos adversos sobre as tarefas editoriais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigan se as edicións supervisadas da Wikipedia alemá teñen efectos adversos sobre as tarefas editoriais

Raquel Noya
Publicado: 09/04/2010
1 Min de Lectura
Compartir
1 Min de Lectura

wikipedia-4.jpgA Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, a mesma que recentemente nos sorprendeu con iniciativas como a de empregar videoxogos para o apoio á docencia ou a de empregar os blogs para a mesma finalidade nas súas aulas, vén novamente de chamar a nosa atención ao dar conta dunha investigación para analizar o impacto que ten sobre a comunidade de usuarios o emprego dun novo sistema de supervisión de edicións en Wikimedia Deutschland, un capítulo local da Fundación Wikimedia en Alemania.
O grupo encargado da investigación, o GSyC/Libresoft da entidade académica, realizará o estudo dende un punto de vista cuantitativo, e tratará de averiguar se as edicións supervisadas (en inglés flagged revisions), teñen influencia no traballo editorial e administrativo da comunidade.
edicións supervisadas úsase para describir unha extensión do software MediaWiki, sobre o que funciona Wikipedia, que evita que os últimos cambios efectuados nunha páxina por usuarios anónimos se mostren por defecto a todos os lectores. No seu lugar, só se mostra a última versión revisada da páxina, que foi supervisada por un editor autorizado. Este usuario asegurouse de que o contido non fose obxecto de actos vandálicos ou danado dalgunha forma antes de aprobar os cambios. As páxinas controladas son marcadas como revisadas polo sistema.
O propósito deste proxecto é, entre outras cousas, intentar mostrar se este método é efectivo para loitar contra os actos de vandalismo na Wikipedia, e ver se ten efectos adversos sobre as tarefas editoriais.
As preguntas ás que se enfrontarán os investigadores son dúas:
1. A introdución deste proceso de revisión reduce o vandalismo procedente de usuarios anónimos?; Redúcese o número de vandalismos que hai que corrixir e o número de usuarios anónimos que son bloqueados por atacar o contido?
2. Desalenta este sistema aos usuarios anónimos para seguir contribuíndo a Wikipedia en alemán?; Redúcese o número de persoas que se rexistran na Wikipedia alemá para obter unha nova conta de usuario?
Con este proxecto, o grupo CSyC/Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos pretende “consolidar a súa exitosa liiña de investigación sobre a análise da Wikipedia, ofrecendo evidencia cuantitativas sobre o impacto deste novo sistema de supervisión de edicións na Wikipedia alemá”.
Do mesmo xeito, os seus responsables agardan que, “os resultados do estudo poidan servir de axuda para avaliar a adopción desta extensión do software MediaWiki noutras versións distintas de Wikipedia, como a inglesa ou a española”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?