Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cuarta parte dos menores que contactan en liña con descoñecidos chegan a ter unha cita con eles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cuarta parte dos menores que contactan en liña con descoñecidos chegan a ter unha cita con eles

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nenos_rede.jpgSen arela de crear alarma, cómpre lembrar unha vez máis que a Rede non é distinta da vida real no que aplicación de sentido común se refire: o que vale para esta, vale para aquela. Así, en materia de amizades e contactos, nin fóra da Internet nin dentro dela é ouro todo o que reloce. Isto que semella obvio para quen xa ten unha experiencia, non o é tanto para quen comeza na Internet e se ve a si mesmo seguro no abrigadoiro do anonimato. Cada pouco, chegan estudos que certifican este tomarse as redes á lixeira. Un dos máis recentes é Usos de Internet entre os menores da Comunidade de Madrid, riscos e características, investigación na que se pon de manifesto que o 23% das mozas e dos mozos de entre 12 e 17 anos que recibiu ou enviou propostas por Internet sostén ter chegado a establecer encontros reais con descoñecidos. O estudo, dirixido por Antonio García Jiménez (profesor titular de Xornalismo da dita universidade), achega datos interesantes no que se refire ao papel que xoga hoxe en día a Internet entre os rapaces, cada vez máis desvinculados (nesta sociedade que vivimos) do seo familiar e da protección que pon en xogo.
Deste xeito, infórmase, “os nenos parecen empregar a Rede como substituto perante as carencias afectivas dos pais”. E engade o investigador: “Aínda que é certo que a inmensa maioría dos menores falan sobre todo cos amigos, existe un 17% que o emprega para contactar con descoñecidos da súa mesma idade, principalmente por medio das redes sociais”. Moitos deles, puntualízase, chegan mesmo a fornecer os seus datos persoais.
O estudo tamén achega datos salientables dobre os modelos de resolución destes encontros fixados na Rede, citas ás que na maior parte dos casos non se acode sen compaña (no 61% dos casos participa un amigo ou unha amiga) e que nunha boa porcentaxe rematan de xeito positivo (con novas amizades, no 62% dos casos), pero que nunha pequena pero relevante taxa, o 5%, dan como resultado unha experiencia desagradable ou perigosa. A maiores, a investigación confirma o que xa sabía sobre o uso das novas tecnoloxías como complemento ao acoso escolar, práctica existente dende que as escolas son escolas pero que nos últimos tempos adquire meirande relevancia polo simple feito de que alguén grava estes casos de abuso. Deste xeito, o estudo confirma que o acoso escolar trasladouse definitivamente á Rede, sendo a taxa de menores que afirma coñecer algún caso de ciber-acoso do 44,3%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?