Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mensaxes de texto polo móbil en España, cinco veces máis caras ca en Dinamarca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mensaxes de texto polo móbil en España, cinco veces máis caras ca en Dinamarca

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sms-2-0fa4f.jpgAs mensaxes de texto a través do móbil (SMS), un dos métodos de comunicación máis espallados entre mozos e non tan mozos, non son tan baratas como nos queren facer crer as operadoras que traballan en España. Segundo se conta na web ADSLZone reflectindo datos de El Economista, enviar un texto mediante o noso dispositivo móbil e dende un operador tradicional (Orange, Vofadone ou Movistar) custa 15 céntimos de euro, cifra que se ben é relativamente accesible ten ben pouco que facer se a comparamos co que se cobra polo mesmo servizo en países como Dinamarca (3 céntimos), Noruega ou Suecia (6 céntimos). A situación, unha vez máis desfavorable para quen vive no Estado español (onde tamén se ten rexistrado un dos servizos de rede de alta velocidade máis altos de toda a Unión Europea, entre outras condenas), está a demorar o emprego deste servizo de SMS malia tódalas vantaxes que pon en xogo.
Deste xeito, no período dun mes, cada liña de telefonía móbil española supón o envío de 17 de mensaxes de media, poñéndose a cifra nos devanditos países nórdicos preto dos 180. Con todo, non é preciso afastarse tanto. No país irmán, Portugal, a taxa achégase aos 150, cifra que está moi lonxe da que se acada no Estado español.
Asemade, o número de SMS enviados en 2009 foi de 8.235, o que choca un pouco cos case 9.000 que se subministraron en 2008 dentro do Estado. As compañías, pola súa parte, bótanlle as culpas ao desleixo dos clientes, que ao seu xuízo é probable que non estean a tirarlle o partido debido ás promocións ou ofertas que decote poñen en marcha para o envío de mensaxes máis baratas ou mesmo de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?