Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Baixa un chisco a incidencia do correo lixo no mes de abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Baixa un chisco a incidencia do correo lixo no mes de abril

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

symantec_spam_marzo.jpgCorreo lixo hai de moito tipo (na televisión, a meirande parte), pero nos servizos de comunicación electrónica atopa probablemente unha das súas máximas (e abafantes) expresións. A realidade é a seguinte: trátase dun fluxo informativo que non cesa e que cada día amosa meirande especialización e maior seguimento sobre as cuestións sociais actuais que máis preocupan: paro, saúde, corrupción política, andazos. Malia todo, a cousa vai e vén e semella que o mes de marzo foi un mes relativamente tranquilo. Así nolo contan no último informe de Symantec, no que se sinala que as mensaxes de estafa e phishing representaron o 17% de todo o correo lixo, dous puntos por debaixo da cifra do mes anterior, sendo salientable tamén o feito que non se tirase proveito de ningunha desgraza internacional como a dos terremotos de Haití e Chile, debido sobre todo a que non se rexistraron traxedias naturais para sacarlle partido.
Pola contra, os spammers si que seguiron adiante seguindo a folla de ruta dos acontecementos do calendario, como por exemplo as vacacións de Semana Santa (a temática dunha boa parte do correo lixo do mes). Polo que atinxe ao tamaño, dicir que se rexistrou un medre salientable de entre 5 kb e 10 kb (ata máis de 10 puntos porcentuais), que se corresponden co incremento do spam con arquivos adxuntos. En termos xerais, o correo lixo representou case o 89,34% de todas as mensaxes de marzo, en comparación co 89,99% rexistrado en febreiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?