Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O derbi Madrid-Barça, reclamo para o lanzamento masivo de malware
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O derbi Madrid-Barça, reclamo para o lanzamento masivo de malware

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

derbi_malware.jpgTodo o que ten repercusión na nosa vida real, teno tamén na vida hacker. O detonante, a cousa que fai que os correos lixo tiren partido dun tema social concreto co obxectivo de conseguir datos ou cartos, non é outra cousa que o interese amosado. A máis interese sobre algo (Haití, corrupción política, Chile, catástrofe aérea en Polonia), máis merda informativa e máis tentativas de roubo co anzol dos datos. O derbi do sábado que enfrontou ao Real Madrid co F. C. Barcelona non foi unha excepción. Quen fai malware na Rede sabía ben que os requirimentos de datos sobre o partido ían ser grandes, polo que cumpría estar á altura. Segundo informa PandaLabs, todo isto traduciuse nun medre importante da actividade en liña de enderezos web falsos que usaron como carnada a retransmisión en vivo do encontro.
A finalidade, unha vez máis, era a de distribuír falsos programas antivirus. O funcionamento da campaña foi a seguinte: solicitándolle a instalación dun novo programa aos internautas que chegasen ao sitio-trampa en cuestión a cambio de permitirlles a visualización en streaming do partido. A partir da descarga, comeza a infección co autolanzamento de mensaxes dende o computador infectado, mensaxes que advirten da chegada de virus e da necesidade de instalar outro software, desta vez un antivirus comercial. Sobra dicir que comprar esta ferramenta é o mesmo que botar os cartos ao lixo. Asemade, tamén se detectou os días pasados unha alta actividade malware ofrecendo imaxes inéditas do sinistro aéreo do presidente polaco, así como do campionato de Moto GP.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?