Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Peníscola aplicará tecnoloxía galega na substitución das antenas do seu casco vello
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Peníscola aplicará tecnoloxía galega na substitución das antenas do seu casco vello

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

televes_diginova.jpgA histórica localidade valenciana de Peníscola, na provincia de Castelló, contará para o seu tecido local de telecomunicacións con tecnoloxía galega. Máis polo miúdo, tratarase de equipamento da empresa compostelá Televés, mobilizada polo Concello de Peníscola para participar na substitución da totalidade das vellas antenas de televisión do seu casco antigo polo modelo Diginova da firma galega. Deste xeito, informa a compañía, amais de contribuír a un mellora importante na recepción do sinal, estaríase a minimizar o impacto visual que as inevitables infraestruturas de telecomunicación adoitan a achegarlle aos espazos urbanos de valor histórico, no caso de Peníscola un escenario declarado Conxunto Histórico-Artístico. Por estes e outros motivos (rehabilitación, posta en valor), o Concello puxo en marcha un proxecto para o reemprazamento das devanditas infraestruturas por outras novas (as Diginova de Televés) en aproximadamente 500 edificacións do casco vello.
Segundo informa a empresa galega, “trátase dunha antena de última xeración deseñada para a óptima recepción da Televisión Dixital Terrestre que se caracteriza ademais polo seu baixo impacto visual, ao ser de reducido tamaño e vir pechada nunha carcasa estanca de cor branca”. Dende o punto de vista técnico, engade a firma con sede no barrio de Conxo, Diginova é un equipamento de tipo radomizado, “composta por unha antena de UHF de tipo Yagi de 10 elementos e unha antena de BIII e FM de tipo dipolo impreso, incorporando MRD que amplifica UHF e permite o paso de DAB, BIII e FM sen amplificar. Asemade, pode operar como antena pasiva en ausencia de alimentación e inclúe unha fonte activa que aumenta a ganancia en 20 dB, permitindo regulamento de nivel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?