Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CVC Capital Partners canalizou a compra do 35% de R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CVC Capital Partners canalizou a compra do 35% de R

Marcus Fernández
Publicado: 13/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

r_saude.jpgDistintos medios coma Xornal de Galicia e Radio Coruña-Cadena SER están a dar conta nas últimas horas dos avances nas negociacións entre Caixanova e Caixa Galicia no tocante á súa fusión, e ás consecuencias para o operador galego de cable R, participado nun 66,2% por Caixanova, e que podería deixar de contar cunha participación maioritaria galega se prosperan as negociacións coa firma de capital de investimento CVC, que negociaría unha compra progresiva da compañía de telecomunicacións.
Dende Xornal de Galicia detallan que Caixanova tería «moi avanzada» a venda dun 30% de R con plusvalías de 100 millóns de euros, quedando a entidade co 36,24% de R, de xeito que continuaría a ser o accionista maioritario; aínda que outras fontes afirma que este só sería un paso na desgaleguización de R.
Esta operación financeira leva varios días rumoreándose, o que provocou que máis de 1.700 usuarios de Facebook sumáranse a un grupo en oposición á venda de R a capital estranxeiro, e Vieiros consultou a distintos actores de referencia no sector TIC galego, coincidindo unanimemente en que a venda de R iría en contra dos intereses de Galicia, parecer compartido incluso por representantes sindicais, que prevén a deslocalización laboral no futuro.
ACTUALIZACIÓN: Fondos asesorados por CVC Capital Partners adquiriron unha participación do 35% do operador galego de cable R, incrementando o control da compañía no futuro (adquirirán a Caixanova un 30% da compañía durante os vindeiros 3 anos), aínda que asegurando que manterán a súa sede social e operativa en Galicia, segundo o managing partner de CVC, Javier de Jaime, quen engadiu que «CVC comparte plenamente os obxectivos de Cainova, pois tamén os fondos de private equity son investidores a longo prazo, cun período de permanencia nas compañías de case 9 años. (..) A nosa aposta é única e exclusivamente pola profesionalidade da xestión».
Esta operación parte da valoración da compañía de telecomunicacións galega en 675 millóns de euros, e suporá unha inxección de liquidez e reforzo na estrutura financeira de R.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?