Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Navalla Suíza, finalista na feira MIPTV de Cannes cunha ferramenta de realidade aumentada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Navalla Suíza, finalista na feira MIPTV de Cannes cunha ferramenta de realidade aumentada

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_navalla_suiza_peq.jpgO cinema, calquera o pode ver cunha revolución de tecnoloxía en tres dimensións que chega mesmo ás nosas salas do rural (véxase o caso de Leiro) e que vai alén de calquera concepto tradicional de realidade recreada, está nos últimos tempos sufrindo unha fonda transformación, cambios que afectan aos contidos pero sobre todo ás canles e espazos que unen (ou separan) ao espectador coa pantalla. Disto, de aumentar as posibilidades visuais e informativas do actual audiovisual é do que trata en boa medida o proxecto Canadian Augmented Films, iniciativa da compañía galega A Navalla Suíza que leva o xeoposicionamento e máis a realidade aumentada á experiencia de consumir cinema. A proposta, malia ser aínda iso (unha proposta en desenvolvemento), semella contar con varios apoios de peso, principalmente o da National Film Aboard de Canadá, institución que seleccionou o proxecto como finalista na categoría Next Generation Online Video Experience do certame Content 360º, concurso que se celebra en Cannes o 14 de abril no marco da feira MIPTV.
a_navalla_suiza.jpgA participación de Canadian Augmented Films neste evento vai significar, grazas ao privilexiado do emprazamento do certame (a cidade europea fílmica por excelencia), que o mercado internacional tecnolóxico-audiovisual terá acceso directo aos segredos da devandita iniciativa. Deste xeito, informan dende A Navalla Suíza, a firma competirá coa londiniense Collective e a norteamericana IdeaCloud “nun pitching no que os finalistas das distintas categorías terán que defender a súa idea diante do público e dun xurado composto por expertos de todo o mundo”. O gañador asinará un contrato co National Film Board para desenvolver o proxecto seleccionado.
Volvendo á natureza de Augmented Films, dicir que é unha aplicación para móbiles e para Internet cun obxectivo claro: vincular á xente cos filmes. “A aplicación leva a realidade aumentada ao mundo do cinema, relacionando o edificio que visitamos, a praza onde tomamos un café, ou a parada onde esperamos o bus, cos filmes rodados alí”, puntualizan dende a empresa galega, ao que engaden que o resultado final de todo este esforzo é unha “nova maneira de achegarnos á experiencia cinematográfica, cunha participación máis activa e unha implicación emocional que atraia a novos públicos a través da conexión das películas co mundo real no que nos movemos”.
A Navalla Suíza é unha empresa de comunicación dixital creada no 2008 en Santiago de Compostela por Berto Yáñez, Xabier Cid, Óscar Otero, Álvaro Gómez e María Yáñez. Entre os seus traballos realizados ata hoxe destaca Flocos.TV,unha plataforma web que ofrece máis de 350 filmes feitos en Galicia e que conta con máis de 1800 usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?