
Deste xeito, EGANET dará a máxima difusión entre as súas empresas socias, que responden moi axeitadamente ao perfil de iniciadores, ás xornadas de Iniciador, foro que ten presenza en toda España e que en Galicia organizan Iván Fociños, María Encinar e David Pombar. Nestes encontros xúntanse emprendedores que comparten coñecemento e experiencias con responsables doutros proxectos na rede, especialmente as posibles startups en fase de creación que mellor poden aproveitar este tipo de encontros.
EGANET estudará ademais a posibilidade de crear entre as súas empresas socias unha rede de colaboradores con estes novos iniciadores, que poida servirlles de apoio ben mediante os seus servizos mediante outro tipo de asesoramento, ademais de que Iniciador poderá contar coa estrutura da asociación para a realización de calquera tipo de xestión institucional ou organizativa.
EGANET colaborará con Iniciador Galicia
Compartir Este Artigo

