Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CNTG acolle unha xornada sobre o software libre para profesionais e empresas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CNTG acolle unha xornada sobre o software libre para profesionais e empresas TIC

Redacción
Publicado: 15/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O día 6 de maio, en horario de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada de achegamento ao software libre para profesionais e empresas TIC.
A xornada tratará de achegar aos asistentes a potencialidade do software libre e a capacidade das súas ferramentas. O evento estrutúrase en tres módulos diferenciados nos que, o primeiro deles, fará fincapé en aspectos relacionados coa legalidade (licenzas) e modelos de negocio asociados ao software libre, para, a seguir, módulos segundo e terceiro, centrarse en contidos relacionados co desenvolvemento e a administración de sistemas.
O evento está especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e/ou directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico que teña interese na temática.
Os relatores que intervirán na sesión son: – Roberto Brenlla: Economista, usuario de software libre dende 1997 (Linux Registred User #124437). Socio fundador e presidente de AGNIX ata xullo de 2006. Promotor do GNIX. Fundador e socio consultor de TEGNIX, empresa especializada en software libre. Dende xuño de 2009 ostenta a presidencia de AGASOL (Asociación de empresas galegas de software libre). – Francisco Diéguez: Analista da oficina de SwL da USC. Conta coas seguintes certificacións: LPI-1, Zend PHP 5, Desenvolvedor MySQL: Certificado MSDEV II.Membro activo da comunidade de SwL en Galicia. – Óscar Casal: Administrador de redes e sistemas no departamento de Electrónica e Computación da USC onde é responsable da instalación e mantemento dos equipos e servidores OpenLDAP, IS, Samba, NFS, firewalls, servidores web e de correo etc .. Posúe as certificacións LPI-3, ITIL, CCNA.
O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través da web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O prazo de inscrición ao evento rematará o mércores día 5 de maio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?