
A taxa de poboación que fica nesta zona de sombra da TDT é significativa de abondo, e máis se temos en conta o necesario que é o fluxo de información para o desenvolvemento social e económico dun país. Segundo apuntou o voceiro do BNG no Congreso dos Deputados e defensor da iniciativa, Francisco Jorquera, advertiu de que os residentes nestas zonas, entre un 2 e un 3% da poboación segundo os cálculos do Goberno, terán que recibir o sinal de televisión por satélite. Neste sentido, lembrou que a conexión non terá que ser sufragada polo residente pero si o equipo de recepción que, sumado o receptor, a antena parabólica e a man de obra pode ascender, como se dixo, ata mais 600 euros. “Este custo -apuntou- supón un desembolso moi gravoso para moitas persoas, habida conta de que unha parte importante dos residentes nestas zonas de sombra, sobre todo comarcas de montaña, teñen pensións mínimas única fonte de ingresos”.
O Congreso demándalle ao Goberno que dea axudas para cubrir por satélite as zonas de sombra da TDT
Compartir Este Artigo
