
A primeira posición foi para Machinazón de Machina.
Polo que se refire aos gañadores da votación pola Rede na que participaron os seareiros-internautas da música galega, dicir que o tema Galiza Metal, cun total de 22.185 votos, fíxose co primeiro posto da listaxe.
A dita canción, por certo, vén da man de Avante!, grupo de Val de Loureda (A Coruña).
Polo que atinxe ao segundo e o terceiro posto, foron para Terra de Ninguén (dos santiagueses Meiga do Norte) e O Cativo (Pito de Pikasso, tamén do eixe compostelán), respectivamente. A listaxe final fica deste xeito:
Galiza Metal 4.17de 22185 (Votos)
Terra de ninguén 3.11de 2992 (Votos)
O Cativo 3.11de 1657 (Votos)
O galo do corral 3.1de 18783 (Votos)
Ata na sopa 3.1de 2547 (Votos)
Because e abrasºs 3.1de 1817 (Votos)
Irmandinho Som 3.09de 14848 (Votos)
Botalle terra 3.09de 12902 (Votos)
Sáeme do lombo 3.08de 1231 (Votos)
Quimbumbia 3.05de 1519 (Votos)
Xa hai gañadores na votación en liña do certame 2010 de Cantalingua
Compartir Este Artigo

