Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os índices de software copiado no mercado galego seguen a ser altos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os índices de software copiado no mercado galego seguen a ser altos

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pirateria-4-c1b69.jpgXa hai tempo que se conta, pero a novidade se cadra está na nosa constancia: as galegas e os galegos seguimos nos postos máis altos do Estado español no que a copiar software propietario sen permiso se refire. O problema, que podería comezar a solucionarse con máis información axeitada sobre as vantaxes do software libre (unha alternativa inmellorable posto que se nos ceiba de grandes investimentos en programas, achega competitividade e calidade e resulta cen por cen legal), sitúase en boa medida nos pequenos e medianos puntos de venda de material informático. A súa raizame está nunha cuestión competitiva: o cliente segue a querer software propietario (por exemplo Windows) e a tenda en cuestión (que ten que sobrevivir perante o empurre dos grandes espazos comerciais) fai o posible por darllo ao prezo máis baixo posible. De aí a ofrecerllo copiado non hai máis que un paso.
Segundo conta Microsoft no seu máis recente estudo sobre a cuestión, o índice de software ilegal no mercado situouse en 2009 nun 26,4%, algo menos (un 0,9%) da taxa obtida en 2008. A raíz das campañas levadas a cabo o ano pasado por Microsoft (campañas que en parte consisten en cazar ás tendas que vende os seus produtos sen licenza a través da figura do cliente anónimo), confirmouse que dun total de 834 puntos de venda, 220 achegaban este tipo de programas copiados (dos que 20 deixaron de distribuílo). Segundo informa Xornal.com facéndose eco do estudo, por comunidades segue en cabeza Estremadura (a súa taxa é do 48,9%), seguida de Castela e León (46,7%), Asturias (43,8%), Andalucía (42,4%), Castela A Mancha (36,7%) e Galicia (35,8%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?