Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Economía e Industria quere promover a innovación nas empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Economía e Industria quere promover a innovación nas empresas galegas

Redacción
Publicado: 27/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ricardo_capilla_01.jpgO I Encontro Bilateral entre Empresas de Galicia e o Norte de Portugal organizado por Tecnópole –Parque Tecnolóxico de Galicia– puxo hoxe en contacto en Ourense a 51 representantes de 28 empresas, centros tecnolóxicos e asociacións empresariais da Eurorrexión interesados en establecer alianzas para emprender proxectos de innovación transfronteirizos.
A xornada foi inaugurada polo director xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, quen afirmou que «a empresa que non innove está condenada a morrer», ao que engadiu que «este é o mellor momento para que as PEME galegas se embarquen na innovación polas posibilidades que as novas tecnoloxías da información poñen á súa disposición para facer prospectiva e vixilancia tecnolóxica e polas oportunidades de financiamento ás que teñen acceso». Neste sentido, Capilla insistiu en que Galicia «non pode permitirse renunciar aos 650 millóns de euros que o Fondo Tecnolóxico da Unión Europea ten reservados para a comunidade ata 2013», en referencia a un instrumento de financiamento da innovación activado en 2007 e do que ata o de agora só se consumiu o 8% por falta de propostas.
ricardo_capilla_02.jpgO director xeral de I+D+I anunciou que a nova Axencia Galega de Innovación, que xestionará as políticas da Xunta de Galicia neste ámbito a partir deste verán, suporá «un cambio de paradigma nas axudas públicas á innovación, facilitando instrumentos de financiamento máis eficientes e cun maior retorno», en referencia a que convén adiantarse ao cambio de escenario que suporá o esgotamento dos fondos europeos en 2013.
Capilla explicou que o novo Plan Galego de Innovación, en fase de elaboración, terá o seu foco principal na empresa, «a única que pode poñer en valor a innovación situando novos produtos e servizos no mercado», e estará orientado aos resultados, «con métricas de medición dos retornos claras e de aplicación para todos». Segundo o responsable de I+D+I da Xunta, isto suporá a corrección das principais eivas do actual Plan (o INCITE), «de resultados modestos e pouco orientado á innovación empresarial».
Os participantes tiveron ocasión tamén de coñecer as axudas que o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) ten abertas neste momento para o financiamento de proxectos empresariais. O subdirector de Xestión de Proxectos do organismo, Norberto Penedo, insistiu no programa de apoio á internacionalización, «que viu notablemente incrementada a súa dotación este ano», e nas axudas de mellora de acceso a circulante para autónomos e PEME, os Plans Re-Solve e Re-Brote.
En relación ás TIC, comentouse que o sector comezará a recuperarse da crise en España e Portugal a finais de 2010 e que as oportunidades para o desenvolvemento de proxectos conxuntos están nos ámbitos con maior perspectivas de crecemento: a seguridade, a virtualización, o outsourcing, a mobilidade e os ultraportátiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?