Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha o primeiro título universitario electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha o primeiro título universitario electrónico

Raquel Noya
Publicado: 27/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

e-titulo.jpgSigne, unha empresa española especializada na edición e fabricación de documentos de seguridade para institucións públicas e privadas, vén de crear o primeiro título universitario do mundo en formato electrónico que, ademais de impedir o fraude, evita a suplantación profesional que tan de moda está sobre todo no entorno da cirurxía estética. O e-título, que así se chamará este documento dixital, seralle entregado aos titulados xunto coa acreditación tradicional en soporte papel e certificará dixitalmente a titulación de cada persoa. Trátase dun arquivo en formato PDF asinado electrónicamente que contén unha copia dixital auténtica do título universitario con valor probatorio así como cun certificado dixital con atributo da súa titulación que expide o Rectorado de cada universidade. Asemade, os alumnos e alumnas que reciban o seu propio e-título, recibirán tamén un nome de usuario e unha contrasinal pola que poderán cumprimentar e actualizar o seu currículum vítae Europass, un modelo de currículo que recolle o expediente así como todos os datos de formación dos cidadáns, que será común nos 25 países. Nun comunicado difundido hoxe, Signe sinala que se prevé a súa posta en marcha no vindeiro mes de setembro e que para o seu desenvolvemento asinou un acordo con Universia, unha das meirandes redes de cooperación e colaboración universitaria de fala hispana e portuguesa do mundo. As vantaxes deste documento acreditativo en liña son infinitas porén o máis destacable, ademais de impedir o fraude, é que lle permitirá ás persoas licenciadas axilizar numerosas xestións e trámites administrativos sen ter que desprazarse. O Portal do Titulado, segundo informan dende Signe, “será o punto de encontro virtual entre universidades, titulados, profesionais e empresas”, e a través do mesmo, as persoas que posúan o e-título, poderán actualizar nel o seu currículo profesional e laboral, así como obter copias dixitais auténticas do seu título, xestionar duplicados do seu título sen necesidade de desprazamentos ou avaliar a súa condición de titulado ante empresas e autoridades, entre outras xestións. Asemade, as universidades adscritas ao e-título, disporán dun sistema automatizado e seguro para a xestión de títulos que lles permitirá aforrar tempo e custes no seu labor administrativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?