Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo equipo directivo para o proceso de unificación do Consorcio Audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo equipo directivo para o proceso de unificación do Consorcio Audiovisual

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

consorcio_audiovisual_nova_direccion.jpgO Consorcio Audiovisual de Galicia vén de ser obxecto dunha serie de reformas, a xuízo da Xunta dirixidas na súa meirande parte a darlle un novo pulo ao organismo e a fortalecelo como punto de encontro que integre a xestión autonómica do eido fílmico e remate coa “bicefalia” da mesma. Para comezar, o Consorcio contará na súa dirección co xornalista Anxo Quintanilla, vinculado durante dúas décadas á TVG e nos últimos tempos responsable das televisións autonómicas de Valencia e Murcia. Quintanilla, que no Consorcio asumirá o cargo de director-xerente, contará no seu equipo coa presenza do actual conselleiro de Cultura, Roberto Varela (que ocupará o posto da presidencia) e máis do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, quen desenvolverá o cargo de vicepresidente.
A intención da Xunta foi integrar no consello de dirección a todos os departamentos con competencia directa no sector: as Consellerías de Cultura, Educación, Facenda, Traballo e Economía, as catro deputacións, a devandita Secretaría Xeral de Medios e máis a Televisión de Galicia. Segundo se conta en medios como Xornal.com reflectindo declaracións do novo equipo directivo, que por certo hoxe mesmo dará comezo á rolda de contactos co sector, a nova andaina do consorcio diríxese a pórlle fin á duplicidade amosada polo mesmo durante a anterior lexislatura, que distribuíu (insiste a Xunta) as competencias entre un organismo ligado a Cultura e un consorcio ligado a Presidencia. Durante a presentación desta liña de traballo e do equipo renovado, Alfonso Cabaleiro sinalou que o consorcio tamén estará suxeito á iniciativa de aforro e contención do gasto que promove o seu partido na Xunta, cousa que non significará, advertiu, o estancamento do eido audiovisual galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?