Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro galego Gradiant traballa na mellora dos sistemas de recoñecemento facial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro galego Gradiant traballa na mellora dos sistemas de recoñecemento facial

Redacción
Publicado: 27/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_vision_multiespectral.jpgGradiant, o centro galego de investigación tecnolóxica, vén de informar dunha importante liña de traballo que podería contribuír á mellora e afianzamento dos sistemas de recoñecemento facial, entre outros. Máis polo miúdo, trátase da integración de sistemas de adquisición de imaxe multiespectral, concepto que vén de longo e que se ten empregado decote na imaxe de satélite para a análise da superficie terrestre. A idea do equipo de Gradiant é tirar partido destes recursos (obxecto de pulo tras a evolución dos sensores CCD e CMOS de alta sensibilidade no infravermello próximo, entre outras tecnoloxías melloradas) para estender o estudo de imaxe tradicional do dominio espacial ao espectral, “aproveitando a información precisa no rango de lonxitudes de onda que achegan as imaxes de múltiples bandas estreitas nunha mesma escena”, infórmase na web do centro.
Estas técnicas permitirían, entre outras cousas, ceibar a obtención das devanditas imaxes de todo aquilo que pode entorpecer a calidade do resultado, fontes de iluminación externas incluídas. E proseguen: “A ampliación do rango espectral ao infravermello próximo, xunto coa análise de imaxe visible, subministra unha fusión de técnicas que permite mellorar o funcionamento de sistemas biométricos convencionais, nos que Gradiant conta cunha ampla experiencia, avalada por numerosas publicacións en revistas e conferencias internacionais”.
A día de hoxe, informa Gradiant punto por punto, estes son os principais eidos de aplicación para estas tecnoloxías:
· Inspección e análise de cor, dada a maior precisión conseguida fronte ás medicións tradicionais RGB.
· Espectrografía analítica, aplicando a separación de información en bandas á análise de composicións a través das súas bandas de absorción en diferentes lonxitudes de onda. Está sendo empregada en industrias químicas, farmacéuticas, alimentarias, etc.
· Control de calidade e inspección. O poder adquirir e procesar imaxes en bandas illadas permite expandir as posibilidades de inspección, dende detección de golpes ou podredumes en froitas a ver o interior de recipientes opacos no espectro visible ou supervisar o proceso de fabricación de circuítos electrónicos.
· Teledetección para aplicacións xeolóxicas, análises de augas, explotacións mineiras, control forestal ou de cultivos, etc.
· Aplicacións médicas para monitorización e detección de enfermidades, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?