Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web 2.0 acode en axuda do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web 2.0 acode en axuda do galego

Raquel Noya
Publicado: 28/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

web20.jpgMoitos expertos aseguran que dende que apareceu o concepto de web 2.0 por primeira vez, a Rede reinventouse a sí mesma e agora son moitas as utilidades novas que ofrece Internet e as vantaxes que nos reporta o seu uso diario. Porén, se en algo beneficiaron as aplicacións 2.0 á sociedade actual foi no ensino, posto que a posibilidade de interacción entre membros da comunidade internauta con aplicacións e administradores é infinita e os seus beneficios académicos son incontables.
Este é un dos motivos polos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco do V Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, decidiu incidir nas vantaxes que ofrecen as aplicacións web 2.0 para desenvolver actividades de dinamización lingüística nos centros de ensino do noso país, empregando ferramentas como Drupal, como espazo colaborativo; de Moodle, como contorno virtual de ensino e de aprendizaxe; e de Coppermine, como galería de imaxes e de vídeos.
O obxectivo das sesións Web 2.0, que retomaron onte a súa programación na Coruña e Vigo, non é dar a coñecer con profundidade estas aplicacións, senón que, segundo informan os seus responsables, “é comprobar o seu potencial na dinamización da lingua galega nos centros educativos a través de casos concretos, co fin de sacarlles o máximo rendemento”.
Durante as sesións de onte, os relatores convidados deixaron constancia de que as aplicacións web 2.0 permiten conectar dun xeito rápido e eficaz a toda a comunidade implicada na dinamización lingüística, e puxeron como exemplo os procesos comunicativos e de colaboración tradicionais, xa que, segundo eles, “podían ocupar moito tempo e esforzo, convértense en pequenas actuacións que poden chegar a un número moito maior de membros da comunidade educativa”.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anunciou, no marco destas xornadas, que pon a disposición dos centros que o soliciten estas aplicacións a través do seu proxecto Webs Dinámicas; xa que, en primeiro lugar, apuntaron que “Coppermine ofrece múltiples posibilidades para a creación de galerías de imaxes e de vídeos”. En canto a Drupal, aseguraron que “con esta aplicación pódese crear e configurar –dun xeito moi doado– un espazo web onde os usuarios rexistrados poden realizar as súas publicacións de contidos multimedia: artigos, historias, imaxes, vídeos, son…”. E finalmente, Moodle, como aplicación educativa, está, segundo afirman, “especialmente deseñada para a interacción entre os membros da comunidade escolar”.
Este ano, o Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino (dirixido ao profesorado, en xeral, e aos membros e coordinadores dos equipos de dinamización e normalización lingüística, en particular) centra a súa temática nas vantaxes das TIC para fomentar o uso do galego nos centros educativos e desenvolverase ata o vindeiro xoves nas cidades de Ourense, Pontevedra, Ferrol e Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?