A aula da Coruña da Rede CeMIT, situada na Biblioteca Pública Miguel González Garcés, vén de dar acollida a un dos moitos cursos de stop-motion sobre as técnicas de animación con plastilina que organiza a Secretaría Xeral de Medios para celebrar os 25 anos da CRTVG, potenciando de paso os avances tecnolóxicos cos que ambas institucións contan no ámbito da comunicación.
Durante o curso, un grupo de 25 alumnos do IES Otero Pedrayo traballou na animación do coñecido personaxe da TVG, o Xabarín, que continuará a ser animado por alumnos de Secundaria doutras seis localidades galegas dando lugar a unha peza final co personaxe animado (montaxe do alumnado das sete aulas da Rede CeMIT participantes). O grupo que realice, nas catro horas que dura o curso, a animación de máis calidade recibirá un premio consistente nunha videocámara dixital.
O alumnado do IES Otero Pedrayo da Coruña aprende técnicas de animación co Xabarín
Compartir Este Artigo

