A pasada fin de semana implantouse nos xulgados galegos a aplicación Minerva NOX, achegada polo Ministerio de Xustiza, e que hoxe entrou en vigor despois de que os técnicos da Xunta resolvesen durante a mañá as incidencias detectadas na aplicación informática para a xestión procesual, na que se rexistran todos os documentos do expediente xudicial.
A Xunta habilitou un dispositivo técnico para proceder coa migración das 50 instalacións xudiciais que pola súa complexidade prolongouse da fin de semana ata primeiras horas desta mañá, contando durante o luns cun mecanismo transitorio para evitar a paralización da actividade xudicial.
No tocante á formación do persoal da Administración de Xustiza sobre as reformas procesuais e a implantación da Nova Oficina Xudicial, a Escola Galega de Administracións Públicas convocou cursos que levan semanas en marcha e que en 24 edicións formarán a máis de 2.500 funcionarios.
Comeza a funcionar unha nova aplicación informática de xestión procesual nos xulgados galegos
Compartir Este Artigo

