Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Publican a convocatoria de axudas do Plan Avanza 2010 por un importe total de 225 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Publican a convocatoria de axudas do Plan Avanza 2010 por un importe total de 225 millóns de euros

Redacción
Publicado: 07/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Coa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) da correspondente resolución da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, ábrese a convocatoria 2010 para a concesión de axudas do Plan Avanza para a realización de proxectos e accións da Acción Estratéxica de Telecomunicacións e Sociedade da Información dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.
A convocatoria oriéntase a conseguir o adecuado desenvolvemento e utilización das tecnoloxías, aplicacións, servizos e contidos para a sociedade da información para contribuír ao éxito dun modelo de crecemento económico sustentable baseado no incremento da competitividade e a produtividade, a promoción da igualdade social e rexional, a accesibilidade universal e a mellora do benestar e a calidade de vida dos cidadáns.
A convocatoria forma parte dun conxunto de instrumentos que teñen como misión o desenvolvemento do tres primeiros eixes do Plan Avanza2 (Capacitación, Contidos e Servizos Dixitais e Desenvolvemento do sector TIC) e persegue os seguintes obxectivos fundamentais: – Situar a España na vangarda do coñecemento. – Promover un tecido empresarial altamente competitivo. – Promover a incorporación das tecnoloxías da información nas empresas, fundamentalmente nas pequenas e medianas. – Incorporar á cidadanía á sociedade da información, especialmente aos colectivos máis vulnerables. – Promover servizos públicos dixitais e de calidade. – Desenvolver as infraestruturas e servizos da Sociedade da Información. – O desenvolvemento dos contidos dixitais. – Asegurar a confianza nas aplicacións, servizos e contidos.
No aspecto procedimental, destaca que nesta convocatoria se intensifican as medidas orientadas á simplificación documental, á eliminación da esixencia de garantías para o pago anticipado de subvencións e préstamos, así como ao avance na utilización de medios telemáticos en todas as fases do procedemento, desde a presentación ata a xustificación da realización dos proxectos ou acción.
Ademais, co fin de facilitar o acceso ao financiamento prevese en todos os subprogramas que o pago das axudas, se efectúe sempre con carácter anticipado e polo importe total da axuda, con independencia do carácter anual ou plurianual da execución do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?