Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocada a nova edición dos Premios García Campos á mellor empresa TIC da nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocada a nova edición dos Premios García Campos á mellor empresa TIC da nosa terra

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coetg_premios_garcia_campos_2010.jpgO Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) vén de convocar unha nova edición dos seus recoñecementos orientados a salientar, no ámbito galego, os proxectos e servizos de meirande repercusión innovadora do ano. O Premio Gerardo García Campos 2010 (que xa vai pola súa oitava achega galardoando as mellores iniciativas empresariais do eido TIC) entregarase no marco da XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, xuntanza do sector fixada para o día 3 de novembro, venres, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago.
O obxectivo tanto da Fundación Ingeniero Gerardo García Campos como do COETG (organizadoras destes eventos) é recoñecer un proxecto empresarial emerxente no eido TIC que destaque nalgunha das seguintes áreas: introdución das TIC en sectores nos que poñan en xogo valor en procesos tradicionais; deseño de produtos aplicables en mercados amplos; orientación á exportación; creación de emprego tecnolóxico; actividade en I+D+i; aumento do espectro de valor no sector das TIC e desenvolvemento de produtos de interese social.
Os galardóns, que inclúen unha dotación de 6.000 euros, están abertos á concorrencia de tódalas pequenas e medianas empresas españolas ligadas ao dito sector e que conten na data de convocatoria cunha traxetoria no tempo menor a cinco anos. Con todo, as empresas que participen si que deberán cumprir certos requisitos de galeguidade, e máis se temos en conta (informa o COETG) que a Fundación Gerardo García Campos é de interese galego. Así, esixirase que os proxectos estean ligados á nosa terra, ben sexa a través dos seus socios (que terán que ser galegos), ben contando coa súa sede social dentro do territorio galego ou ben mediante unha repercusión empresial que repercuta de xeito directo no noso mercado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?