Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Jacobo Penide, novo director de Estratexia de Negocio de Arteixo Telecom
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Jacobo Penide, novo director de Estratexia de Negocio de Arteixo Telecom

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Jacobo_Penide.jpgA empresa galega Arteixo Telecom vén de informar dun novo reforzamento para o seu proceso de medre no mercado internacional, reforzo que non se desenvolverá nun único plano senón en moitas frontes: dende o punto de vista do capital humano, da innovación mesma e da procura de novos nichos de actividade. Sobre o primeiro punto, o equipo de traballo, a empresa con sede no concello das Pontes informa da incorporación de Jacobo Penide como director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio. Penide, cuxa chegada responde á estratexia innovadora da empresa, traballará na identificación de oportunidades de negocio e liderará a implantación de novas metodoloxías de xestión para a venda dos procesos globais de I+D. Será ademais o representante da empresa na plataforma tecnolóxica galega Vindeira.
Así define a súa andaina futura o novo director de Estratexia: “Un dos meus obxectivos é dinamizar a transferencia das enormes capacidades tecnolóxicas que ten a compañía a produtos de alto valor engadido, xa que Arteixo Telecom controla o ciclo completo: dende o deseño do produto ata a súa comercialización, pasando polo deseño, a industrialización e a fabricación”.
Cómpre lembrar que Jacobo Penide é enxeñeiro superior de Telecomunicación pola Universidade de Vigo e MBA pola Escola de Negocios Caixanova. A súa experiencia estivo ligada nos últimos anos a empresas como Televés, R ou Arantia, compañía da que foi co-fundador.
Polo que respecta á aposta da firma Arteixo Telecom a prol da innovación e da procura de máis nichos de actividade, dicir que unha boa parte deste labor pasará por afianzarse en eidos como a seguridade e a eficacia enerxética para o fogar, a mellora do concepto de edificio intelixente, as comunicacións dixitais multimedia de alta capacidade e as solucións profesionais para operadores de telecomunicación. “Todo isto”, informa a propia empresa, “sen deixar de lado os sectores nos que a compañía ocupa posición de líder, como o ferroviario ou o sociosanitario”. Para acadar estes e outros obxectivos, Arteixo Telecom reforzará a súa liña de Investigación e Desenvolvemento (na que a día de hoxe o equivalente a máis do 5% da súa facturación) e porá en marcha proxectos de innovación tecnolóxica de gran alcance, promovendo con este fin a alianza con socios tecnolóxicos e coas administracións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?