Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: INEO e AETIC colaborarán na promoción da Sociedade da Información en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

INEO e AETIC colaborarán na promoción da Sociedade da Información en Galicia

Redacción
Publicado: 14/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

convenio_aetic-ineo.jpgINEO e AETIC Galicia subscribiron un convenio de colaboración para potenciar o desenvolvemento do sector produtivo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na Comunidade Autónoma. Con este obxectivo común, ambas entidades complementarán as súas formulacións estratéxicas e porán en marcha iniciativas comúns. A alianza, que ten unha vixencia de tres anos prorrogables, permitirá mellorar a visibilidade das empresas galegas no panorama nacional e internacional e contribuirá a impulsar a Sociedade da Información.
O acordo entre as dúas asociacións, as máis representativas do sector TIC galego, foi asinado hoxe na Coruña por Rafael Valcarce Baiget, Presidente do Consello Territorial de AETIC en Galicia, e Jorge Cebreiros Arce, Presidente de INEO.
«Para INEO, ser socio estratéxico de AETIC en Galicia é un importante avance que, sen dúbida, contribuirá a impulsar o crecemento do sector na nosa Comunidade. Por outra banda, contar co respaldo da maior asociación TIC en España permitirá aumentar a participación das nosas empresas asociadas en proxectos tecnolóxicos de ámbito estatal», explicou Jorge Cebreiros Arce, Presidente de INEO.
«Desde AETIC Galicia, estamos convencidos de que a alianza selada hoxe é un paso adiante para fomentar o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia. O compromiso de ambas as entidades é complementar as nosas visións estratéxicas e cooperar na proposta e execución de proxectos e de actividades comúns, que contribúan ao avance do sector TIC na nosa Comunidade», asegurou Rafael Valcarce Baiget, Presidente de AETIC Galicia.
En virtude do convenio subscrito, INEO e AETIC Galicia comprométense a complementar os seus posicionamentos estratéxicos de face á participación naqueles foros nos que ambas as asociacións se atopen representadas. Coordinarán, así mesmo, as súas accións para conseguir a máxima eficacia, en aras de aproveitar sinerxías comúns entre as empresas, impulsar o sistema produtivo do TIC e lograr un maior desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia
Ambas entidades considerarán como propios aos asociados da outra parte e comprométense a intercambiar información e a dar a máxima difusión entre os seus membros ás actividades dunha e outra organización.
De igual modo, AETIC Galicia e INEO desenvolverán e executarán de maneira conxunta proxectos e actividades de interese común, conforme a unha programación que se establecerá no marco da Comisión Mixta de Seguimento do Convenio. Este órgano terá, ademais, a responsabilidade de velar polo cumprimento do acordo entre ambas as entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?