Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Críticas dos nacionalistas á exclusión do galego nalgunhas páxinas web autonómicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Críticas dos nacionalistas á exclusión do galego nalgunhas páxinas web autonómicas

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

BieitoLobeira.jpgA cuestión sobre a necesidade de coidar a lingua na Rede cobrou os días pasados especial importancia, en parte pola significativa celebración do 17 de maio (Día das Letras Galegas e Día de Internet), en parte porque semella que non todo o que debera estar en galego nas páxinas vinculadas ao Goberno autonómico, está en galego. Así o puxo de manifesto o BNG a través do seu deputado, Bieito Lobeira (na imaxe), quen lle esixiu á Xunta que explicase o mantemento de diversas webs vinculadas á mesma que non inclúen versión na nosa lingua, malia que sobre o papel sexa o Goberno autonómico quen garanta con meirande obrigatoriedade esta inclusión.
Para Lobeira, este desleixo polo idioma é un incumprimento do Estatuto de Autonomía de Galiza e da Lei de Normalización Lingüística, que ligan conta claridade as institucións galegas ao fomento e impulso da lingua propia.
Perante isto, o BNG presentou os días pasados unha proposición non de lei no Parlamento Galego pola que insta á Xunta de Galiza a “adoptar as medidas precisas para garantir a publicación en galego, como opción inicial, de todos os contidos e informacións inseridos nas páxinas web oficiais nos seus diversos departamentos, así como nas sociedades, entres ou empresas públicas dependentes da Xunta de Galiza ou participadas por ela”.
Un exemplo desta exclusión (e dunha falta de actualización de formas e contidos) é o que acontece con www.deportegalego.com, web ligada á Secretaría Xeral para o Deporte que neste intre presenta un claro redireccionamento cara a un sitio en liña que mestura castelán e galego e que semella non ter sido renovado en moitos anos. Outros casos de desleixo cara á nosa lingua pódense rastrexar nas informacións oficiais do Instituto Galego de Consumo, nalgúns casos comprobados e certificados (como nas notificacións remitidas polo xefe do Servizo Provincial de Consumo na Coruña) en castelán.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?