Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O acceso ás redes sociais dende a empresa dispara as probabilidades dun ataque informático
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O acceso ás redes sociais dende a empresa dispara as probabilidades dun ataque informático

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rede_social.jpgAs redes sociais, coma toda cousa relativamente nova, aínda non deixaron claras ao cen por cen as súas vantaxes. Certo é que está fóra de dúbida que a nivel persoal axudan (e moito) a estarmos máis comunicados (as máis das veces sen gastar un can), que son participativas e interactivas, pero a cousa non está tan clara a nivel profesional e menos aínda nun plano formativo. Nestes dous casos, se cadra corremos o risco de perder un pouco rumbo emprendido, cegados polas luces e todas esas cousas que nas redes foron postas para chamarnos a atención. En certa maneira, estudar ou traballar nestes sitios é como ir a facelo nun sitio onde todo o mundo che fala, coas vantaxes e os atrancos que isto pode ter. A maiores, informan empresas de seguridade informática como Shopos, non sempre quen chega é quen di ser.
Segundo apunta esta firma nun dos seus recentes informes, acceder ás redes sociais dende o traballo supón un risco para as empresas, non só porque poden supoñer unha distracción para quen non se concentre, senón tamén porque incrementa nun 70% as probabilidades de sermos vítimas dun ataque de tipo informático.
O abano de feituras é variado: códigos maliciosos (malware), correo lixo ou ataques phishing (suplantación da identidade dunha persoa ou un banco para apañar cartos ou datos persoais). Todo isto, comunica Shopos, pode pór en risco os principais valores estratéxicos das empresas. “Durante o ano pasado”, engádese, “o 36% dos que empregan as redes sociais foi vítima dun ataque desta índole, o que provoca que as empresas presenten cada vez maior vulnerabilidade polos datos que os traballadores intercambian con outros usuarios e polo uso que fan destas plataformas no tempo do seu traballo”.
Cómpre sinalar que a día de hoxe estas ferramentas de comunicación xa están inseridas no día a día de moitos empregados, que acceden a elas para contactar con outras persoas, subir imaxes, actualizar o perfil ou comunicarse cos compañeiros, provedores ou clientes. A día de hoxe, en España, tres de cada dez usuarios de redes sociais conéctanse a elas dende os seus postos de traballo, e este tipo de acceso medrou durante o último ano nun 16%.
Para empresas como NextVision, isto obriga ás firmas a concienciar aos seus traballadores na necesidade de miniminizar os ricos que achegan estas prácticas na seguridade corporativa. Neste senso, recoméndase separar as contas persoais das profesionais, axustar os niveis de privacidade das contas, non abrir ligazóns a sitios descoñecidos ou non responder a notificacións de solicitude de contrasinais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?