Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha curta feita por nenos españois e xordanos: nova achega ao festival galego Animacam.tv
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha curta feita por nenos españois e xordanos: nova achega ao festival galego Animacam.tv

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amigo_amyad.jpgO festival galego Animacam.tv vén de anunciar o seu apoio á irmandade tecnolóxico-audiovisual entre nenos españois e xordanos posta en marcha os días pasados por PDA co fin de unir culturas a través da creatividade. Máis polo miúdo, o dito certame en liña (que se organiza dende Sandías, Ourense, para comunicar entre si a internautas e animadores de todo o mundo), daralle acubillo á obra colectiva dos dezaoito rapaces de ámbalas dúas nacionalidades que puxo en contacto a entidade PDA (Pequenos Debuxos Animados) en colaboración co Instituto Cervantes. A toma de contacto serviu entre outras cousas para que os nenos lle desen forma a O meu amigo Amyad, curtametraxe feita en só cinco días dende o centro que o Instituto ten en Ammán (Xordania).
O filme, que ten unha duración de oito minutos, está baseado na vida de dous beduínos do deserto de Wadi Rum. Os rapaces, entre outras cousas, encargáronse da realización dos debuxos, os fondos e o desenvolvemento da idea argumental.
O seu traballo, como dixemos, tivo o xermolo na asociación PDA, colectivo de artistas audiovisuais que promove a creatividade nas idades máis temperás. O equipo da asociación está composto por Mario Torrecillas (director), Tyto Alba (debuxante e animador), David Borrull (realizador de animación) e Pablo Hernández (experto en artes visuais). O papel de Animacam.tv neste proxecto consistiu en seleccionar o traballo para o seu concurso na categoría de Curtametraxe da Sección Oficial, sumando así xa 70 filmes de 27 países para esta súa terceira edición, a catro meses aínda da fase se votación. En palabras dos propios responsables do certame galego, “este é un claro exemplo de como Limaia, a produtora con sede en Sandías que promove o festival, pretende ser punto de encontro entre creadores de debuxos animados e internautas de todo o mundo, como o é o Camiño de Santiago para a Humanidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?