O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), no marco das súas iniciativas dirixidas a mellorar na medida posible os servizos que pon a disposición dos seus membros, asinou recentemente un convenio de colaboración co bufete de avogados Pintos & Salgado, consultora galega (ten sede na Coruña) que centra unha boa parte da súa actividade en achegar solucións xurídicas no eido das tecnoloxías da información.
O obxectivo deste convenio presentado polo CPETIG é tirar partido da longa e completa experiencia do dito bufete no sector TIC para mellorar dende o punto vista xurídico-informático os servizos que a entidade lles ofrece aos colexiados (ou ás entidades que se integren).
Estes servizos abranguerían dende labores de consultoría (de balde nunha primeira achega) a descontos xenéricos nas tarifas e honorarios habituais.
O CPETIG e o bufete Pintos&Salgado asinaron un convenio de colaboración
Compartir Este Artigo
