Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta avala o Cloud Computing como unha ferramenta revolucionaria para o sector TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta avala o Cloud Computing como unha ferramenta revolucionaria para o sector TIC

Raquel Noya
Publicado: 20/05/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Jorge_Cebreiros_Ana_Diaz_Mar_Pereira_Ramon_Ares.jpgA secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, maila directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz, foron as encargadas de inaugurar, esta mesma mañá, o I Foro Galego Cloud Computing que se celebra hoxe no Centro de Novas Tecnoloxías da Consellería de Traballo e Benestar.
O evento, no que participan máis de duascentas persoas provintes do sector das novas tecnoloxías e a comunicación, ten como obxectivo analizar os diferentes puntos de vista e novidades sobre a virtualización e a computación en nube, co fin de establecer un diálogo neste sentido entre Goberno, Administracións públicas, tecido empresarial, líderes de opinión e fabricantes de software e hardware.
O Cloud Computing, ou computación en nube, é un modelo de computación flexible que permite a xestión de recursos de tecnoloxías da información como servizos a través de Internet, e desvincula o servizo informático do hardware que emprega.
Deste xeito, as empresas que empregan este tipo de solucións de virtualización teñen a capacidade de aforrar custes en infraestruturas e recursos, o que permite a expansión de grandes e pequenas empresas en todos os eidos.
En poucas palabras, podemos dicir que o concepto de nube supón a dispoñibilidade de acceso a recursos desde calquera punto e lugar, algo que traduce en amplos beneficios e redución de custes para as empresas galegas.

Aumento da produtividade
En palabras da responsable de Innovación Tecnolóxica, “o Cloud Computing é un chanzo máis na evolución da informática unha ferramenta que permitirá ás organizacións usar recursos das Tecnoloxías da Información dun xeito máis práctico, flexible e cómodo” .
Asemade, Mar Pereira, que na súa intervención destacou as vantaxes deste novo modelo de computación, apuntou as posibilidades que ofrece o Cloud Computing en canto á mellora de estruturas de custos, reacción rápida aos cambios do mercado e aumento da produtividade, o que converte este modelo “nunha tendencia que cambiará o ámbito tradicional dos negocios de servizos tecnolóxicos”.
Mar Pereira tamén sinalou “a seguridade e a interoperabilidade” como os retos fundamentais deste novo modelo de computación “xa que representan os puntos débiles que máis preocupan aos usuarios”. Por outra banda, para que o Cloud Computing teña éxito é fundamental impulsar a “conectividade” e estender as conexións de banda larga en Europa. Nesta liña, a secretaria xeral lembrou que a Xunta de Galicia está comprometida na extensión das infraestruturas de telecomunicación coa execución do Plan de Banda Larga. Esta iniciativa permitirá que moitas empresas que ata agora non dispoñían da posibilidade de externalizar mediante un modelo de Cloud Computing, o poidan facer en pouco tempo.
Ana Díaz, pola súa parte sinalou que no novo escenario económico da sociedade do coñecemento “as Tecnoloxías da Información e a Comunicación convertéronse decidida e definitivamente en elementos estratéxicos para garantir a competitividade das empresas en mercados cada vez máis globalizados e intensivos no uso da información e en motor de creación de emprego cualificado e de alto valor engadido”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?