Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta investirá 9,1 millóns de euros na dixitalización da Administración nos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta investirá 9,1 millóns de euros na dixitalización da Administración nos concellos

Redacción
Publicado: 20/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Imaxe do Consello da Xunta desta mañá
Imaxe do Consello da Xunta desta mañá
O Consello da Xunta aprobou hoxe un convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da eAdministración nas entidades locais galegas coa finalidade de garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos.
O convenio aprobado hoxe, con vixencia ata decembro de 2013, garantirá por parte da Administración autonómica a prestación do sistema de rexistro e información de todos os escritos e comunicacións destinados aos concellos a través das oficinas de atención presencial da Xunta e realizará os investimentos necesarios en infraestrutura e telecomunicacións para a correcta prestación do servizo.
O convenio, que asinarase en breve, constitúe o marco xurídico no que as entidades locais poderán asinar a súa adhesión e integrarse nas actuacións previstas no Plan eConcellos, que a través de dúas liñas estratéxicas, seis áreas de actuación e 17 iniciativas impulsará a implantación da Administración electrónica nos concellos galegos.
O devandito plan conta cun orzamento de 9,1 millóns de euros ata o ano 2013 e ten como obxectivo desenvolver a Administración electrónica nas entidades locais e garantir uns niveis homoxéneos de servizos dixitais para todos os cidadáns.
Un dos primeiros pasos para modernizar a relación coa cidadanía previstos no plan é a creación nos concellos das oficinas de atención presencial ao cidadán da Xunta de Galicia, que actuarán como puntos de libre acceso e uso equipados cos medios precisos para que os usuarios poidan realizar os trámites administrativos de xeito telemático.
A Xunta apoiará e complementará as iniciativas que se levan a cabo nas deputacións provinciais e crearase a Comisión galega de validación e adaptación telemática de procedementos administrativos que ten como obxectivo fundamental a elaboración dun catálogo de polo menos 85 procedementos telemáticos que se ofertarán aos concellos galegos. Posteriormente, os procedementos seleccionados polas entidades locais iranse implantando paulatinamente, comezando cun mínimo de 15 procedementos en 105 concellos.
Este proceso irá acompañado dunha serie de actividades formativas destinadas aos empregados públicos, profesionais, entidades cidadáns e aos veciños en xeral.
Por outra banda, o plan prevé afianzar o espazo dixital EidoLocal como o portal das entidades locais, potenciando os seus contidos e que o seu uso se consolide na vida diaria municipal. A web disporá dun espazo privado que baixo o epígrafe, carpeta do concello, cada municipio poderá xestionar a súa relación coa Xunta así como dun espazo destinado aos servizos de apoio aos concellos e dun portelo único da relación de servizos prestados polas entidades locais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?