Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanidade aposta pola mellora da asistencia sanitaria coa axuda das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sanidade aposta pola mellora da asistencia sanitaria coa axuda das TIC

Raquel Noya
Publicado: 20/05/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ereceita.jpgNa actualidade, máis de 1,8 millóns de galegos e galegas, que representan o 66,3 por cento da poboación total de Galicia benefícianse das vantaxes da e-receita, a receita electrónica que permite, entre outras cousas, mellorar a prescrición dos doentes, integrar a información sobre os medicamentos que consumen para mellorar o proceso asistencial, facer partícipe no tratamento ao farmacéutico ou farmaceutica e avaliar a dispensa e prescrición en liña, unha vantaxe que aforra en tempo e desprazamentos tanto aos doentes como ao persoal sanitario, ao tempo que axuda a coidar o medio ambiente grazas ao descenso do consumo de papel e tinta.
O Servizo Galego de Saúde e a Consellaría de Sanidade, levan tempo facendo unha aposta decidida por situar ao doente como “eixe do sistema”, ofrecéndolle unha resposta asistencial axeitada en tempo e forma, e diminuíndo os trámites e a burocracia.
As actuacións da administración sanitaria galega, segundo veñen de anunciar dende a Administración, “céntranse agora no obxectivo fundamental de mellorar a capacidade resolutiva, en especial no primeiro nivel asistencial que é a porta de entrada dos pacientes”.
Deste xeito, a nosa sanidade verá melloras na súa capacidade resolutiva, no acceso ás probas diagnósticas e na implantación e extensión de novas ferramentas e tecnoloxías que permitan a innovación e mellora da calidade.
Afirman dende a entidade pública que a implantación da receita electrónica “implica melloras na calidade asistencial ao diminuír o número de consultas para renovación de receitas nos centros de saúde”, isto permítelle aos profesionais sanitarios dispoñer de máis tempo para o diagnóstico e tratamento dos pacientes, desconxestionando as consultas de Atención Primaria e reducindo a carga administrativa dos profesionais médicos.
Dende marzo de 2009, a poboación beneficiaria da e-receita multiplicouse por 11 e o número de centros de saúde traballando co sistema multiplicouse por 14.
Nesta liña, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde a través do emprego das novas tecnoloxías están a desenvolver en todas as xerencias galegas a telemedicina, que permite mellorar os tempos de espera e axilizar as consultas aos especialistas. Así, a Sanidade pública está a traballar na implantación de programas como a teledermatoloxía, e a teleoftalmoloxía, entre outros.
Tamén se está a dixitalizar a imaxe de radiodiagnóstico, o que permite compartir imaxes e informes entre todos os centros sanitario galegos. Isto supón unha maior rapidez no diagnóstico, unha maior calidade de atención para o paciente e unha maior eficiencia no aproveitamento dos recursos do sistema sanitario.
A xestión integrada, a xestión clínica e a xestión por procesos que permiten optimizar os recursos sanitarios están a poñerse en marcha neste mesmo ano 2010 a través da implantación dalgúns destes procesos como son insuficiencia cardíaca; ansiedade, somatización e depresión; embarazo de baixo risco; ou diabetes tipo II.
Precisamente, ven de presentarse a Estratexia Galega contra o Cancro na que se inclúe a creación de guías clínicas dos cancros de próstata, pulmón, colorrectal e de mama. O seu obxectivo é garantir aos pacientes con sospeita de padecer algún destes cancros que o tempo que transcorra dende o diagnóstico de sospeita ata a primeira actividade terapéutica non sexa superior a 30 días, en toda a Comunidade Autónoma Galega. Cada unha das xerencias, segundo informan dende a Consellaría, “porá en marcha alomenos unha destas vías, garantindo a súa implantación inmediata nos centros do Sergas”.
Ademais das melloras do proceso asistencial, dende a entidade pública lembran o impulso do Plan de Modernización de Infraestruturas que reflicte a súa aposta pola atención primaria coa construción de 63 novos centros, dos que 13 están xa en obras, e de tres centros de alta resolución, o que suporá un investimento de máis de cen millóns de euros. Sanidade xa destinou no 2009 preto de 6 millóns á construción de novos centros, e 1,7 a reformas e melloras dos centros existentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?