Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta axiliza a tramitación de axudas para o audiovisual galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta axiliza a tramitación de axudas para o audiovisual galego

Raquel Noya
Publicado: 24/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

audiovisual_galego-4.jpgFroito da aposta do Goberno galego polo sector audiovisual e da unificación das entidades responsables deste sector no recentemente constituído Consorcio do Audiovisual, a Secretaría Xeral de Medios estima que o sector audiovisual galego “comezou unha nova etapa de unificación e ordenamento despois da división provocada polo Goberno bipartito durante o que se estableceu unha guerra interna de competencias e a utilización de criterios poucos racionais no reparto de fondos públicos”.
Esta entidade pública vén de anunciar que nos próximos días se vai axilizar a tramitación e resolución de axudas para este sector e que por segundo ano consecutivo sairán axudas á comercialización.
Asemade, tamén se reforzou, segundo informan, co Xacobeo, “a liña de axudas a festivais e distintos proxectos audiovisuais”.
Os responsables do audiovisual galego na Xunta afirmaron asemade que tamén se ten intensificado o papel do Igape no sector para estudar vías de financiamento ao audiovisual, así como que por primeira vez institucionalizouse a presenza do audiovisual galego en certames internacionais, como o que se está a celebrar estes días en Cannes, onde o Consorcio Audiovisual apoia distintas produtoras galegas.
Á par que o apoio ás empresas do audiovisual, engaden que “non se ten deixado de apoiar a diferentes asociacións e proxectos, como por exemplo, a presenza galega nos Goya ou a celebración dos premios Mestre Mateo”.
A Xunta, segundo informan dende o executivo, “comprende o mal momento que poden estar vivindo empresas e profesionais do sector como consecuencia da crise económica pero iso non impide que se siga apoiando ao sector audiovisual e se colocara da novo a Galicia como referente en España”. A isto contribúe tamén o éxito de proxectos como Celda 211, a promoción e próximos estreas de O Apóstolo e The Way, de Martin Sheen, así como a celebración en Galicia de diferentes encontros como o que celebraron recentemente as mulleres do audiovisual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?