Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fujitsu presentou en Compostela o seu proxecto de virtualización dun contorno empresarial: o Zero Client
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fujitsu presentou en Compostela o seu proxecto de virtualización dun contorno empresarial: o Zero Client

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

zero_client_fujitsu.jpgO primeiro Foro Galego de Cloud que se celebrou a semana pasada en Santiago co obxectivo de achegar a realidade da computación na nube aos profesionais galegos (servizos de xestión empresarial máis en liña, menos custosos, máis accesibles) contou entre outros patrocinadores de renome coa presenza da multinacional Fujitsu. Esta, a través de Adriano Galano (consultor de tecnoloxía da dita compañía), deu a coñecer en exclusiva os segredos de Zero Client, unha das máis recentes novidades do mercado actual en materia de virtualización do posto de traballo. O servizo, presentado ao abeiro do laboratorio que a empresa habilitou nas sesións de tarde do foro, vai dirixido sobre todo a favorecer a virtualización e o mergullo nos cloud computing empresariais.
Este proceso significaría entre outras cousas a integración dos PCs da empresa no servidor e a posta en marcha dunha “pantalla intelixente” que, a xuízo de Fujitsu, achegaría un contorno laboral sinxelo e cunha doada implementación que fai o máis simple e inmediato posible o proceso de “enchufar e activar”. Ou sexa, que só habería que conectalo á alimentación, á rede local e incorporarlle un rato e un teclado USB para poñelo en marcha. Isto posibilitaría a instalación de ata 100 equipos nunha única xornada.
Asemade, informou a multinacional, “non require un sistema operativo, procesador, aplicacións ou copia de seguridade de datos locais”. Con estes e outros procesos postos en xogo, o Zero Client redundaría nun aforro importante nos custes de xestión de infraestruturas, amais de minimizar os gastos enerxéticos que o feito de manter internos estes servizos implicaría. Sobre a súa feitura, sinalar que o Zero Client non é outra cousa que un terminal con menos estrutura externa aínda cós terminais lixeiros. Basicamente trátase dunha pantalla intelixente que non inclúe procesador nin discos nin, como dixemos, sistema operativo. O Zero Client conéctase a través dunha interfaz de rede e, no fondo, non suporía grandes cambios a nivel de traballo de usuario. A gran diferenza, fisicamente falando, reside en que non ocupa espazo nin xera ruído nin calor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?