Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a rede Xiga para a xestión da innovación en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a rede Xiga para a xestión da innovación en Galicia

Raquel Noya
Publicado: 26/05/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rede_xiga.jpgO conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, anunciou esta mesma mañá a apertura da convocatoria para que as pemes galegas e os profesionais interesados en formar parte da nova Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA) presenten as súas candidaturas.
Segundo anunciou, “o prazo de formalización de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 24 de xuño, e toda a información e os formularios están xa dispoñibles na web oficial”.
Guerra lembrou que a Rede XIGA será o resultado dun programa piloto de formación de técnicos especialistas en materia de innovación e a súa incorporación a 60 pemes galegas. Asemade, expuxo que a Dirección Xeral de I+D+I se fará cargo do adestramento de 75 profesionais (previamente seleccionados a través dun proceso competitivo) para convertelos en “expertos na xestión de proxectos innovadores” e que cofinanciará os custos laborais dos 60 mellores durante os seus primeiros tres anos como parte do persoal das pemes beneficiarias.
As sesións de formación terán lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia –Tecnópole-, en Ourense e a elas poderán asistir aqueles aspirantes a xestores expertos en innovación que posúan unha titulación superior obtida nos últimos anos, dominen o inglés tanto na escrita coma na fala e teñan carné de conducir. A experiencia laboral previa e a acreditación dun máster relacionado coa innovación puntuará asemade a favor dos candidatos.
O labor que os xestores de innovación levarán a cabo nas pemes que os contraten centrarase, entre outras cousas en identificar proxectos e potencial de I+D+i nas empresas, en analizar convocatorias de axudas públicas no ámbito da innovación e en definir, planificar e documentar memorias de proxectos de I+D+i
Durante os vindeiros meses terá lugar o programa de formación intensiva dos 75 candidatos seleccionados con 320 horas de sesións presenciais sobre temas relacionados coa xestión da innovación (sistemas de xestión da I+D+I, xestión administrativa e económica de proxectos de I+D+I, novas tecnoloxías, vixilancia tecnolóxica, fiscalidade da innovación, xestión da calidade, etc.). As persoas asistentes terán dereito a unha bolsa de formación de 400 euros brutos mensuais durante os dous meses lectivos e as 60 que obteñan a mellor puntuación ao remate da formación serán os integrantes definitivos da Rede XIGA.
Polo que se refire ás empresas, os requisitos que deben cumprir para poder solicitar a incorporación dun destes expertos son reunir a condición de peme (menos de 250 empregados); atoparse ao corrente en todas as súas obrigas fiscais; e ter experiencia previa en iniciativas de innovación e/ou plans en firme de abordalas nun futuro inmediato.
Desde o principio desta iniciativa, todos os xestores contarán co soporte da Rede XIGA a través dunha plataforma en liña deseñada con base nas ferramentas 2.0 dispoñibles en Internet (redes sociais, foros, repositorios de documentos e todos os recursos dispoñibles para compartir e interactuar). Deste xeito posibilitarase a continua actualización de coñecementos, a posta en marcha de ideas e proxectos que impliquen a cooperación de varias empresas, o intercambio de experiencias…
As expectativas do programa contemplan que as empresas contratantes de profesionais da Rede XIGA teñan acadado ao remate de 2012 un incremento do investimento en innovación dun 30 por cento; un 50 por cento máis de proxectos presentados a convocatorias competitivas de plans autonómicos, estatais e internacionais; e un aumento da facturación ligado á explotación dos resultados dos proxectos.
Este programa é, segundo informan dende o Executivo, “un anticipo das liñas de traballo que serán priorizadas no novo Plan Galego de I+D+I, en fase de deseño, e na nova Axencia Galega de I+D+I, que se porá en marcha durante este ano 2010”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?