Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Casas Consistoriais de Lugo contarán con banda ancha antes dun ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Casas Consistoriais de Lugo contarán con banda ancha antes dun ano

Raquel Noya
Publicado: 27/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

internet_concellos_lugo.jpgA vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, vén de anunciar perante os medios de comunicación que o organismo provincial que representa, aprobará no Consello Reitor do INLUDES de mañá, un prego dotado de 1.075.200 euros, para levar a banda ancha a 66 Casas Consistoriais da provincia. Con este orzamento, que se inclúe dentro dos 9 millóns que a Deputación inviste no Innova-TE, o organismo provincial segue a desenvolver o seu “ambicioso programa tecnolóxico” que permitirá a implantación da administración sen papel en toda a provincia, e que se traducirá na apertura da administración as 24 horas do día, os 365 días ao ano.
Lara Méndez subliñou que “abrimos un novo concurso que garantirá ós Concellos, no prazo de 12 meses, unha conexión a Internet de 2 megas como mínimo”, un avance que, por unha parte, porá fin aos problemas de acceso á Rede que, debido ás condicións orográficas, existen na maior parte dos Concellos lucenses; e pola outra, dotará dun servizo cunha velocidade de conexión alta que permitirá a comunicación inmediata entre veciños e administración.
Nos vindeiros días, o organismo provincial convocará un concurso aberto a todas as empresas relacionadas co sector para, unha vez recibidas todas as ofertas, celebrar varias mesas de contratación, onde estarán presentes todos os grupos políticos para garantir a máxima transparencia e publicidade no proceso de adxudicación.
Con esta iniciativa, a Deputación, rematará coa fenda dixital nos Concellos a mediados do 2011, antes incluso que o Goberno autonómico, o cal “marca o horizonte de 2013 para mellorar o acceso dos galegos á banda ancha”.
Lara Méndez destacou que malia que eles fan un esforzo moi importante, o seu traballo non sería suficiente se a Xunta, administración con plena competencia nesta materia, “non pon a disposición dos veciños a banda ancha necesaria para que poidan realizar, dende a casa, os 120 procedementos que a Deputación lles ofrece co Innova-TE ”.
Os responsables desta iniciativa aseguran que “Lugo é a primeira administración en Galicia que aporta unha solución integral para a implantación da e-administración na provincia” e engadiron asemade que, “co Innova-TE, Lugo da un salto de 0 a 100 no campo das novas tecnoloxías”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?