
A cousa empeora aínda máis no núcleo de Órreos, onde nin sequera se poderán instalar os ditos aparellos, informa SOS Courel, ao non contarse con corrente eléctrica.
“ En Canto o Concello de Quiroga, as aldeas de Vieiros, Seara, Soldón e Outeiro deberan proceder do mesmo xeito se queren recuperar a televisión”, sinálase. O caso da Seara, se finalmente se opta pola alternativa das parabólicas, estaríase a dar un paso adiante, tecnoloxicamente falando, para retroceder outro no plano turístico e etnográfico, xa que se poría en risco a feitura tradicional da aldea (unha das mellor conservadas da comarca) enchendo os seus tellados de antenas. A xuízo de SOS Courel, o problema tería solución de habilitarse unha recepción centralizada e colectiva con mantemento para que no caso de que choiva ou neve non se perda a recepción.
Denuncian que en moitas aldeas do Courel só se pode ver a televisión previo pago dos 400 euros dunha parabólica
Compartir Este Artigo
